Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo presenta unha estratexia local para loitar contra o cambio climático


# Xoves, 28/02/2008
A ONU prevé un aumento da temperatura media de entre 4 e 8 grados en Galicia, o dobre que no resto do planeta

Galicia vive o semestre máis seco dos últimos 60 anos

O Concelleiro de Medioambiente, Lino González Dopeso, e o Secretario Xeral para a Prevención da Contaminación e o Cambio Climático do Ministerio de Medioambiente, Arturo Gonzalo Aizpiri, presentaron as estratexias locais e nacionais que establecerán as liñas de actuación conxuntas para loitar contra o cambio climático.

González-Dopeso explicou que “algo está pasando en España e no mundo e, concretamente en Lugo, que rexistra o incremento máis alto da temperatura media anual de Galicia cun ascenso de 0,32 grados por decenio dende 1961”. Arturo Gonzalo engadiu que “o cambio climático é unha realidade que ninguén discute e demostra que España e Galicia especialmente están sendo máis afectadas polo impacto do cambio climático que a media mundial” e a tendencia e que se vai intensificar este impacto ao longo do século XXI.

Segundo explicou Arturo Gonzalo, os escenarios climáticos previstos para este século nos informes máis recientes do Panel Intergubernamental do Cambio Climático contemplan que a temperatura global incrementarase entre 1,8 e 4 grados, e adiantan que na Península Ibérica a proxección elevarase dobre no caso de que non se reduzcan os niveis de emisión de gases contaminantes.

En Galicia, o efecto amortiguador do océano reducirá o aumento da temperatura media nas zonas costeiras, sendo as provincias de Lugo e de Ourense as máis afectadas polo cambio climático e poderían verse afectadas por un incremento de entre 5 e 6 grados de temperatura media. Respecto aos recursos hídricos, o Secretario Xeral explicou que “os modelos son menos concluintes, pero as previsións arroxan reduccións das precipitacións de ata un 20%”.

Estas previsións plantexan un panorama de grandes cambios meteorolóxicos e socioeconómicos para Galicia que requiren actuacións que combatan os efectos do cambio climático en dous planos, por un lado traballar para a mitigación destes efectos reducindo as emisións de gases de efecto invernadero e, por outro lado, na adaptación social a estas transformacións.

Arturo Gonzalo explicou que “a vida das persoas e as oportunidades e os desafíos socioecónomicos de cada territorio non van ser os mesmos a finais deste século, polo que é imprescindible coñecer cales serán os escenarios do futuro para adaptarnos a eles”. Para Galicia prevé importantes desafíos en relación ás actividades do sector primario e nas actividades turísticas.

Tanto o Concelleiro como o Secretario Xeral coincidiron en salientar que é imprescindible a colaboración de todas as administracións públicas para establecer liñas de actuación comúns e marcos de lexislativos adaptados a nova situación climática e ás súas consecuencias.

A curto prazo o máis urxente é reducir a emisión de gases contaminantes, que non só proveñen da industria, senon dos transportes. Precisamente, os gases producidos polos medios de transporte xa supoñen a cuarta parte das emisións de efecto invernadero. Neste eido, é imprescindible a colaboración dos concellos e dos seus habitantes pois teñen un papel clave na aplicación de políticas que fomenten o uso do transporte público e medios alternativos, que promocionen o emprego de enerxías alternativas e que acheguen á poboación comportamentos respetuosos co medioambiente.

No ano 2007, o Concello de Lugo adheriuse á Rede Española de Cidades polo Clima, coordinada polo Ministerio de Medio Ambiente e a FEMP, e na que participan 165 municipios que integran a 18 millóns de habitantes.

Os compromisos que adquiriu o Concello de Lugo tras esta adhesión van orientados a reducir o consumo de Enerxía e facer un uso racional dela; incrementar o uso de enerxías renovables; promover a mobilidade sostible e avaliar e reducir as emisións de CO2.

Dende finais de 2007, o Concello de Lugo está a poñer en marcha unha serie de programas para facer efectivo o cumprimento destes obxectivos que se desenvolverán a curto e medio prazo, entre eles destacan:

– Aplicar unha auditoría Enerxética Municipal.
– Desenvolver iniciativas municipais de enerxías renovables
– Aprobar un Plan de Mobilidade Sostible.
– Establecer unha Estratexia Local de Calidade do Aire e Cambio Climático que implica importantes actuacións para a loita contra o cambio climático.

Estratexia Local de Calidade do Aire e Cambio Climático
A Estratexia Local de Calidade do Aire e Cambio Climático define un conxunto de accións que abordan conxuntamente o obxectivo principal: A Loita contra o Cambio Climático.

Consiste en ordenar as accións illadas que leva a cabo ou que está poñendo en marcha o Concello e asegurar a súa realización de forma global.

As principais liñas de actuación serán:

- Acadar a eficiencia enerxética para o que están previstas dúas iniciativas:
Dunha banda, realizar unha Auditoría Enerxética Municipal, que inclúa edificios de propiedade Municipal e outros edificios públicos con responsabilidade municipal no seu mantemento, como Centros de Ensino, etc. e a posterior certificación enerxética deles.
Doutra banda, deseñar un Plan Municipal de utilización de Enerxías Renovables

Para promover a Mobilidade sostible establécense catro liñas de actuación fundamentais:
- O Plan de Mobilidade Sostible.
- Plan de Utilización de biocombustibles en Parque Móbil e Transporte Público.
- Programa Municipal de Transporte Privado compartido.
- Sistema Municipal de préstamo de Bicicletas.

O Concello tamén contempla establecer un Control da Contaminación Atmosférica a través da redacción de Ordenanza de Control da Contaminación Atmosférica. Neste eido, ten prevista proximamante a posta en funcionamento dunha Estación Municipal de Control da Calidade do Aire e o establecemento dunha Rede de Estacións.

Ademais, trasladará a Estación de Control da Calidade do Aire situada na avenida de A Coruña para a Ronda de Fingoi e, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, instalar unha nova estación.

As cidades teñen que contemplar na edificación e planificación urbana para poder desenvolver políticas de protección medioambiental. Para elo o Concello de Lugo ten previsto elaborar tres ordenanzas municipais como son unha Ordenanza que regule o emprego de enerxía solar térmica para auga quente sanitaria en edificios de nova construción e rehabilitación de edificios; outra que regule o alumeado público e unha terceira que fomente o aforro de auga. En colaboración co COAG promoverase un convenio para o fomento da Construción Bioclimática en novas urbanizacións.

En materia de xestión de residuos Lino González-Dopeso adiantou catro compromisos fundamentais:

- Posta en marcha do programa de fomento de reutilización e reciclaxe por sectores de actividade: Hostalería, Comerciantes, Industriais.
- Adaptar ao novo Plan de Xestión de RSU de Galicia o Concello de Lugo.
- Estudiar un Programa de biocompostaje doméstico.
- Desenvolver un programa de aforro de enerxía e auga no Servizo Municipal de Recollida de RSU Limpeza Viaria.

Respecto as Políticas de Acción Municipal o edil explicou que se desenvolverán distintas estratexias entre as que destacou:

- O establecemento e o seguimento dun sistema de indicadores de Cambio Climático a nivel local ,dentro do Marco da Axenda 21 Local, que determine a evolución e o cumprimento (cualitativo e cuantitativo) das medidas adoptadas.
- Establecer unha estratexia de compras públicas, que incorpore criterios obrigatorios de sustentabilidade e de loita contra o Cambio Climático.
- Adoptar medidas de fomento da absorción de carbono polos bosques e outras masas vexetais. Para elo levarase a cabo un estudo de potenciais almacenamentos xeolóxicos de CO2 e promoverase a plantación de vexetación urbana como sumidoiro de Gases Efecto Invernadoiro e a reforestación de parcelas Municipais.

Por último, o edil explicou que sen a colaboración cidadá calquer iniciativa dunha administración pública será un esforzo insuficiente. Para fomentar a concienciación cidadá levará a cabo tres campañas de sensibilización cidadá:

1. Campaña de sensibilización achega do Cambio Climático.
2. Campaña de eficiencia enerxética. Aforro de Enerxía e Auga.
3. Campaña de fomento de utilización de Enerxías Renovables.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova