Preto de 300 rapaces participarán na festividade do patrón do corpo de bombeiros
# Venres, 29/02/2008
No 2007 os bombeiros realizaron máis de 500 saídas
Os bombeiros de Lugo celebrarán o vindeiro sábado 8 de marzo a festivadade de San Xoán de Deus, patrón deste Corpo. Como en anteriores anos, o parque de bombeiros realizará o venres 7 de marzo unha xornada de portas abertas coa participación de 296 alumnos de diferentes colexios da cidade.
Os rapaces realizarán diferentes actividades que lles permitirán coñecer o traballao que realizan os bombeiros lucenses: apagando lume con extintores, utilizando as mangueiras ou subindo aos vehículos.
Como en anteriores ocasións, o día 8, os bombeiros realizarán un desfile polo centro da cidade cos coches engalanados e utilizandos sirenas e luces. Esta actividade, que se realiza todos os anos, é seguida por moitos rapaces e rapazas.
A continuación celebrarase a misa na honra de San Xoán de Deus na capela do parque de bombeiros.
Balance positivoO Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, deu conta das actuacións realizadas polos bombeiros no último ano. Destacou que o número de intervencións mantense na media de anos anteriores. No 2007 os bombeiros realizaron 515 saídas, das que 183 foron por incendios e 68 por limpeza da calzada. Ademais, relacionadas con accidentes de tráfico figuran 36, 8 por rescate de animais, 32 de servizos de prevención e 20 de apertura de portas.
O corpo de bombeiros municipais, conta con 51 integrantes: un sarxento, 5 cabos e 45 bombeiros. Para a realización do seu traballo dispoñen de 8 coches de bombeiros.
Concelleiro destacou que durante o 2007 investiuse un total de 100.000 euros en equipamento: con novos uniformes, traxes químicos NBQ, cámaras térmicas, cortador de plasma; investimentos en comunicacións con novas unidades de cascos comunicadores, radioteléfonos e dous equipos GPS; e en equipamento de mobiliario, pintura e catro bancos de vestiario.
Para o ano 2008 cóntase cun orzamento de 30.000 euros para labores de mantemento de material.
Compartir: