Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo presenta o II Plan Estratéxico de Subvencións dotado con máis de 5 millóns de euros


# Venres, 29/02/2008
Supón un incremento do 152% con respecto ao investimento do ano 2007

O obxectivo é fomentar o asociacionismo e a participación cidadá

Garante a transparencia na xestión e permite un seguimento e evaluación das subvencións outorgadas


A Concelleira de Economía, Sonia Méndez, presentou o II Plan Estratéxico de Subvencións do Concello de Lugo que está dotado con 5.367.813 euros para o ano 2008, o que supón un incremento do 152% con respecto á cantidade asignada na anterior convocatoria do ano 2007.

Trátase dun documento que recolle as liñas de acción que o Concello vai a seguir entre os anos 2008 e 2011 para a concesión de axudas a persoas, asociacións ou entidades privadas ou públicas coa finalidade de fomentar a realización de actividades de utilidade pública ou interese social.

Con este II Plan, o Concello garante unha política máis eficaz na xestión do gasto público e unha evaluación máis sinxela das subvencións outorgadas, das que se fará un seguimento. Sonia Méndez destacou a importancia de que as administracións públicas garantan a publicidade, transparencia, concurrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación na xestión dos cartos públicos.

Este documento configúrase en torno a catro eixes de actuación: infraestruturas, marcando os obxectivos que melloren a posición funcional da cidade e as súas comunicacións, mobilidade ou accesibilidade; servizos ás persoas, que inclúe a mellora da calidade nos servizos públicos que repercutan na mellor calidade de vida dos colectivos com maiores necesidades; a actividade económica, que inclúe a creación de emprego de calidade ou a consolidación de Lugo como cidade de servizos avanzados; a proxección exterior, con especial atención a conseguir que a cidade sexa referente cultural e deportivo. Estos eixes, coinciden coas liñas desenvoltas no Plan Estratéxico do Concello de Lugo elaborado coa participación de numerosos veciños e veciñas da cidade.

O Plan que recolle nun so documento todas as subvencións convértese nun instrumento fundamental de coordenación, transparencia e rigor. As cidades están obrigadas por lei - Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións- pero, o certo é que a maioría das cidades non elaboran este documento, neste senso o Concello de Lugo “ten os deberes feitos” e presenta o II plan.

O obxectivo final é fomentar, dende unha institución como é o Concello, o asociacionismo e a participación cidadá. O plan recolle 12 áreas nas que se establecerán subvencións anuais:

- Deportes

- Cultura

- Turismo

- Educación

- Xuventude

- Muller

- Servizos Sociais

- Participación Cidadá

- Promoción de emprego e industria

- Zona rural

- Urbanismo e rehabilitación

- Alugueiro de Vivendas e Accesibilidade.

Destas áreas, destaca a dotación de Deportes, con 816.000 euros anuais para a promoción do deporte de base e a actividade física como saúde, así como a colaboración co deporte de elite. Neste senso, hai axudas para clubes como o Breogán ou o Lugo e tamén para deportes en alza como o voleibol.

Tamén destacan as subvencións en materia de servizos sociais, que ascenden a 395.543 euros anuais, e en urbanismo e rehabilitación que é de 3.070.000 euros.

Esta última cantidade non é anual xa que recolle as cantidades para axudas en materia de actuacións na rehabilitación do Centro histórico e do Sagrado Corazón, nas fases postas en marcha, que non se poden dividir en anualidades.

O Plan Estratéxico de Subvencións estará colgado na web municipal: www.lugo.es, a disposición de toda a cidadanía.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova