Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Campionato Provincial de Karate congregará aos 150 mellores deportistas dos clubes lucenses


# Venres, 29/02/2008
A competición terá lugar este domingo, 2 de marzo, a partir das 9:00 horas no Pavillón Municipal dos Deportes

Este domingo, 2 de marzo, o Pavillón Municipal dos Deportes de Lugo, acollerá o Campionato Provincial de Karate que se disputará a partir das 9:00 horas.

Neste campionato participarán os 150 mellores deportistas de doce clubes da provincia que terán que competir nas modalidades de kata individual, kata por equipos e kumite. Este campionato provincial abarca as categorías benxamín, alevín, infantil, xuvenil e cadete.

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presidirá a entrega de trofeos que terá lugar a partir das 13:30 horas.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova