Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A V Marcha pola Igualdade inicia o programa de actos en homenaxe ás mulleres


# Venres, 29/02/2008
O percorrido sairá da praza maior o domingo 2 de marzo ás doce do mediodía

A Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, comeza esta fin de semana o programa de actos organizado con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres.

Trátase de actividades de diferentes tipos dirixidas a todo o público que se desenvolverán ata o 12 de abril.

O domingo arrinca o programa coa tradicional Marcha pola Igualdade que chega xa a súa quinta edición e cada ano conta cun maior número de participantes. Como é tradicional, daranse dúas voltas pola muralla. Neste acontecemento a Concellería que dirixe Carmen Basadre conta coa colaboración da Concellería de Deportes para conmemorar os esfuerzos que as mulleres realizaron para alcanzar a igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.

A marcha sairá ás doce do mediodía da praza Maior, durante o percorrido os participantes recibirán un pequeño agasallo e botellas de auga. A camiñata rematará cunha degustación de productos de comercio xusto que terá lugar na alameda sobre a unha da tarde.

O programa de actos polo Día Internacional das Mulleres continuará a seguinte semana coa entrega do premio Entre Mulleres, o venres día 7. O sábado 8 será o día grande da celebración co festival “eMfeminino”, na praza de Santa María ás 20:00 horas, no que estarán presentes diferentes estilos artísticos protagonizados por mulleres: música soul e hip-hop, break dance e graffiti.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova