Imprimir

CINCUENTA ESTUDANTES DA ESCOLA DE ARTE DE BAEZA VISITAN A CASA DO CONCELLO DE LUGO


29/2/2008

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu na Casa do Concello, a un grupo de 50 estudantes da Escola de Arte de Baeza que están de visita na cidade.

O mandatario municipal deulles a benvida e animoulles a disfrutar de todos os atractivos que ten a cidade de Lugo: a Muralla Romana, a Catedral, os museos, a gastronomía…”pero, sobretodo, dos lucenses”.

Como recordo do municipio, o Alcalde entregou ós rapaces un pin da muralla e material turístico da cidade. Ademáis agasallou aos mestres que acompañan aos mozos e mozas con dous libros sobre a historia da cidade.