Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O coche particular é o medio de transporte máis usado polos lucenses


# Venres, 29/02/2008


Os resultados obtidos na enquisa realizada polo Concello a través da páxina web municipal, para coñecer os hábitos de lucenses para moverse pola cidade, sinalan que o 50,44% dos participantes (con 227 votos) empregan como medio de transporte habitual para moverse pola cidade o seu coche particular.

Entre as tres opcións restantes propostas na enquisa “Qué medio de transporte emprega habitualmente para trasladarse pola cidade?”, os resultados quedaron do seguinte xeito:

- A segunda opción máis votada foi a de camiñar, xa que segundo o 32,88 % dos internautas para desprazarse pola cidade van andando.

- O 11,11 % dos participantes (con 50 votos) empregan o autobús público.

- A bicicleta é o medio de transporte empregado polo 5,5% dos internautas (con 25 votos).

Nesta enquisa participaron 450 internautas. A web municipal, propón unha nova enquisa sobre o acontecemento histórico e social máis importante para a muller.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova