Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O programa Conéctate en Lugo 2.0 achega a todos as barrios as novas tecnoloxías cunha serie de actividades itinerantes


# Venres, 29/02/2008
Os interesados en participar poden inscribirse gratuítamente a través do 010

Entre o 3 e o 7 de marzo visitará o Centro Social Municipal Díaz de Castro

O Concello de Lugo pon en marcha a segunda edición de Conéctate en Lugo 2.0 a campaña de familiarización coas novas tecnoloxías organizada pola Concellería de Servizos Xerais. Os interesados poderán participar nunha serie de actividades itinerantes que percorrerán oito centros municipais da cidade co fin de aproximar a todos os barrios da cidade o funcionamento dun ordenador e internet.

A campaña realízase a través de aulas itinerantes situadas en distintos locais municipais da cidade, dinamizada por medios interactivos e conducidas por persoal monitor especializado. Entre os días 3 e 7 de marzo visitará o Centro Social Díaz de Castro e as actividades desenvolveranse de 10:00 a 13:30 horas pola mañá, e de 17:00 a 20:00 horas pola tarde.

Estas aulas itinerantes están equipadas cos últimos medios tecnolóxicos e, a través das mesmas, promoverase a sensibilización en canto ao uso das Novas Tecnoloxías aos cidadáns de Lugo, especialmente aos sectores máis afectados pola fenda dixital como son os maiores de 55 anos.

Nas sesións que levarán a cabo, os usuarios recibirán información das vantaxes que nos proporciona o uso da rede nas distintas actividades diarias. Ademais, impartirase unha introdución ao manexo de Internet e poderán coñecer testemuños e casos reais de cidadáns aos que Internet lles cambiou a vida.

O equipo de traballo está formado por un pedagogo, un coordinador e dous profesores informáticos que ofrecerán un trato personalizado e adaptado ás necesidades de cada usuario atendendo aos seus puntos de interese

Os interesados terán a oportunidade de participar nas actividades que se desenvolverán en oito centros municipais da cidade, ata o 25 de abril (achegamos calendario en pdf).

Os destinatarios da formación serán todos os cidadáns lucenses e en especial as persoas que non teñan contacto, ata o momento, coas novas tecnoloxías e a sociedade da información.

Todos os participantes obterán un diploma de asistencia e poderán participar no concurso “Forma a túa Familia Dixital”.

Os usuarios poderán inscribirse a través do teléfono 010 e para obter máis información pódese consultar o calendario de actividades en www.lugo.es.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova