Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 4.500 rapaces disfrutarán en Lugo das representacións do Festival de Teatro Grecolatino


# Domingo, 02/03/2008
O Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerá entre o 3 e o 6 de marzo as obras clásicas do ciclo

A Concellería de Educación, que dirixe María Dolores Vieiro, participa novamente este ano no circuíto de Festivais de Teatro Grecolatino de España no que decenas de entusiastas grupos de mozas e mozos darán vida aos héroes clásicos.

Nesta ocasión, xunto a localidades de todas as autonomías españolas e organizado por Prosopón teatro, o Concello de Lugo contará con oito actuacións teatrais, dúas máis que na pasada edición, e que se desenvolverán dende o luns día 3 de marzo ata o xoves día 6.

Máis de 4.500 alumnos asistirán ás representacións, que terán lugar ás doce da mañá e ás cinco da tarde no Auditorio Gustavo Freire. Participan non só estudantes de Lugo, senón tamén de toda Galicia e de comunidades limítrofes como Asturias e León.

As obras están destinadas a rapaces de Educación Secundaria, concretamente das especialidades de grego e latín e os grupos que actúan están conformados por alumnos de centros de ensino e afeccionados.

O luns pola mañá representarase a obra La Samia, de Menandro, a cargo do grupo Helios, do IES Carlos III de Medrid. Pola tarde estará a cargo do mesmo grupo a Hécuba, de Eurípides.

O martes, o grupo Helios, do IES Carlos III de Madrid representará en horario de mañá Hécuba, de Eurípides, e pola tarde Aulularia, de Plauto, da man do Grupo do IES Río Miño de Rábade.

O mércores será a vez do grupo Arela das Artes de Vigo, que representarán mañá e tarde Ifigenia en Áulide, de Eurípides

O xoves día 6 o Grupo de Teatro do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago representará a obra Troyanas, de Eurípides. Xa pola tarde, o Grupo Prósopon do IES Poeta Díaz Castro de Guitiríz, porá punto e final a este ciclo coa obra Las Nubes de Aristófanes.

O Concello de Lugo participa nos últimos anos neste ciclo que destaca pola profunda implicación dos centros no mesmo, na faceta de público e tamén na de actores.

O programa oferta para os alumnos que acuden doutras cidades unha visita á cidade de Lugo que inclúe os seus monumentos, museos e arredores.

Como en anos anteriores, a Concellería de Educación subvenciona a entrada ás representacións a todos os estudantes de centros públicos de Lugo cun orzamento de 6.000 euros.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova