Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

As industrias agroalimentarias dan emprego a máis de 30.000 persoas en Galicia


# Martes, 04/03/2008
O Alcalde e a Directora Xeral de Industria agroalimentaria clausuraron o ciclo de xornadas do CETAL

O Alcalde de Lugo, José López Orozco e a Directora Xeral de Industria Agroalimentaria e Alimentación do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Almudena Rodríguez, foron os encargados de abrir a última xornada organizada polo Centro Tecnolóxico Agroalimentario da cidade.

Baixo o nome Apoios e iniciativas do CETAL á valorización de residuos agroalimentarios, o Centro Tecnolóxico reúne en Lugo a máis de vinte expertos do sector da agroalimentación.

López Orozco dixo que a presenza de profesionais de prestixio en Lugo “é moi positivo para a cidade e demostra que o CETAL está vivo”. O Alcalde explicou que a pesar dos obstáculos que ás veces hai no camiño, o Centro Tecnolóxico “naceu con moita forza e segue adiante con seminarios e xornadas de reflexión deste nivel”.

López Orozco destacou que Lugo é unha provincia que conta cunha “materia prima extraordinaria”. Ademais abogou polo traballo en común “vivimos nun mundo globalizado no que é necesaria a cooperación, o traballo conxunto. No CETAL non sobra ninguén, só as etiquetas”.

A Directora Xeral explicou que o obxectivo do Ministerio é que o CETAL teña moito futuro para a provincia de Lugo. Almudena Rodríguez dixo que a aportación económica do sistema agroalimentario ao PIB se estima nun 20% e o número de empresas da industria vai en aumento superando as 31.000 na actualidade, “a industria agroalimentaria é hoxe a principal industria manufacturera de España, por riba da industria do automóbil”. De feito, segundo explicou, da emprego a máis de 30.000 persoas en Galicia e cada vez un maior número de empresas españolas pasan a ser líderes mundiais no seu sector.

Neste momento os sectores máis importantes desta industria son o cárnico e o lácteo, dous sectores nos que a provincia de Lugo é unha gran productora. Ademais, segundo explicou Rodríguez, “a tradición, a seguridade, a capacidade de adaptación aos cambios e as materia primas de calidade, están presentes nas industrias lucenses”.

Outro dos aspectos ao que se referiron, e que demostra o bo momento que vive o sector, foi a potenciación do I+D+i. Neste momento o 51% das pemes do sector da agroalimentación teñen departamento de I+D+i e o 16% teñen previsto crealo. No ano 2003 esa cifra baixaba ao 3.6%.

A protección do medio ambiente tamén foi outro dos puntos tratado nesta apertura das últimas xornadas do ciclo organizado polo CETAL.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova