Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Remata o proceso de selección do Director Xeral da Fundación CETAL


# Martes, 04/03/2008
O nome darase a coñecer despois de Semana Santa

López Orozco e Almudena Rodríguez deron conta dos temas tratados na xuntanza do Padroado

O proceso de selección dos candidatos á Dirección Xeral da Fundación do Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL) chegou hoxe ao seu fin coa entrevista a tres novos candidatos que se suman aos catro anteriores que foron entrevistados na última xuntanza do Padroado o pasado día 12 de febreiro.

Almudena Rodríguez, Directora Xeral de Industria Agroalimentaria, acompañada polo Alcalde de Lugo, José López Orozco, que hoxe exerceu de Presidente do Padroado por delegación da Ministra de Agricultura, explicou que despois das vacacións de Semana Santa se dará a coñecer o nome do novo Director Xeral. Haberá unha nova xuntanza do Padroado para seleccionar á persoa definitiva que quedará á fronte do Centro Tecnolóxico da cidade.

A Directora Xeral, destacou o “excepcional” curriculum dos sete candidatos “xente con capacidade, con mérito e moi ben seleccionados o que dificultará a elección final”.

Segundo explicou a responsable do Ministerio de Agricultura, o perfil que se busca é o dun profesional que sexa capaz de facer un Plan Estratéxico para o CETAL e comece a desenvolver as liñas de traballo e de colaboración en Galicia.

O Centro Tecnolóxico será un centro que traballe para a industria agroalimentaria galega e especialmente para a de Lugo, iso si, como destacou Rodríguez “sen perder a perspectiva de que o mundo está globalizado e debemos traballar en coordenación con outros países”.

Na xuntanza do padroado estiveron presentes, entre outros, o Alcalde de Lugo, a Directora Xeral de Industria Agroalimentaria e Alimentación, o Vicesecretario Xeral Técnico do MAPA -José Abellán-, o Secretario Xeral Técnico da Consellería de Medio Ambiente -Xurxo Santiso-, un representante da Consellería de Innovación e Industria -Salustiano Mato-, un representante da Consellería de Medio Rural -Gonzalo Florez- e o Reitor Da Universidade de Santiago -Senén Barro-. O resto dos representantes do Padroado delegaron nalgunha das autoridades presentes.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova