Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Semana Santa lucense consolídase ano tras ano como destino turístico


# Mércores, 05/03/2008
A Concellería de Cultura e Turismo repartirá máis de 5.000 exemplares da guía das procesións da cidade

A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, acompañada por representantes das Confrarías de Lugo, presentou o programa da Semana Santa lucense do 2008.

A Concelleira suliñou que se trata dun recurso turístico de primeira importancia para a cidade, xa que ano tras ano vaise incrementando o número de visitantes. No ano 2005, 1.454 persoas foron atendidas durante a Semana Santa na Oficina de turismo, mentras que o ano pasado, foron preto de 2.900 turistas. Ademais, Burgo explicou que este ano se fixo unha importante labor de promoción da Semana Santa lucense na feira de FITUR celebrada en Madrid no mes de febreiro. “Gracias a estes contactos con tour-operadores estranxeiros, achegaranse á cidade numerosos turistas de Alemaña e da Republica Checa”.

A Concelleira explicou que a Semana Santa está a coller cada vez maior auxe polo traballo que se está a realizar para a súa organización. O Concello e a Xunta de Confrarías elaboraron unha guía das procesións e un pequeno folleto co resumo dos actos relixiosos e culturais máis relevantes, orientado aos turistas, e dos que se repartirán 5.000 exemplares no primeiro caso e 7.000 no segundo. Burgo indicou que “este ano o programa é bilingüe para facilitar á utilización aos turistas que non coñezan o idioma galego e se repartirán polas oficinas de turismo da provincia e paradores da zona”.

A Semana Santa de Lugo conta con elementos particulares como o Viacrucis pola Muralla e a procesión da Virxe dos Dolores. Recuperado o o ano pasado, este paso que se deixara de celebrar no 1967 por decisión da igrexa e que está considerada unha das máis antigas cun pasado máis aló do século XVII.

Grande é tamén a afluencia de persoas á procesión da Última Cea, que ten lugar o Xoves Santo, e que é única na Cristiandade por ser Lugo a Cidade do Sacramento. Tamén a do Santo Enterro, pola súa singularidade e a do Domingo de Resurrección, protagonizada pola Virxe do Rosario, patroa do Concello.

Como en anteriores anos, estarán en Lugo a Marina, o Exército de Terra, a Policía Autonómica e a Policía Nacional. Segundo informou o Presidente da Xunta de Confrarías, este evento supón a participación de entre 3.000 e 3.500 persoas, aínda que non todas saen como confrares.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova