Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A VI Xira "Multideporte Joven" achegará a Lugo probas de fútbol 3x3, baloncesto, golf e outras actividades de lecer


# Xoves, 06/03/2008
Os días 8 e 9 de marzo celebrarase por quinto ano consecutivo na cidade e ubicarase no patio do Edificio Administrativo do Concello

Os interesados poden inscribirse gratuítamente na Piscina Municipal de As Pedreiras

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto ao Director Xeral de Framgarro Sport, Francisco García e ao Director de Área de Negocio de La Caixa, José Manuel López, a VI Xira “Multideporte Joven” que se celebra en Lugo por quinto ano consecutivo.

O edil explicou que “esta actividade consiste nun torneo de fútbol 3x3 e outras actividades deportivas que supoñen unha festa do deporte para os rapaces lucenses e serve para fomentar a práctica do deporte ”. A xira visitará a cidade os días 8 e 9 de marzo e a carpa multideporte estará ubicada no patio do Edificio Administrativo do Concello.

Os interesados en participar poden inscribirse gratuítamente na Piscina Municipal de As Pedreiras ata o sábado 8, inclusive. Este ano esperase a participación dun centenar de equipos compostos por catro xogadores.

Esta xira de 2008 deu comezo o pasado 26 de xaneiro en Murcia e levará a outras 22 cidades españolas o torneo máis importante de España de Fútbol 3x3, que a partir desta edición chamarase Edu Cup, e nas súas cinco edicións anteriores participaron máis de 50.000 nenos neste torneo.

Ademais de fútbol 3x3, o parque da Xira contará cunha zona multideporte con áreas para xogar a baloncesto, tenis, golf e os populares chutódromos. A final nacional do trofeo do torneo disputarase unha fin de semana con gastos pagados nun parque temático.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova