Imprimir

A VI XIRA "MULTIDEPORTE JOVEN" ACHEGARÁ A LUGO PROBAS DE FÚTBOL 3X3, BALONCESTO, GOLF E OUTRAS ACTIVIDADES DE LECER


6/3/2008 Os días 8 e 9 de marzo celebrarase por quinto ano consecutivo na cidade e ubicarase no patio do Edificio Administrativo do Concello

Os interesados poden inscribirse gratuítamente na Piscina Municipal de As Pedreiras

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto ao Director Xeral de Framgarro Sport, Francisco García e ao Director de Área de Negocio de La Caixa, José Manuel López, a VI Xira “Multideporte Joven” que se celebra en Lugo por quinto ano consecutivo.

O edil explicou que “esta actividade consiste nun torneo de fútbol 3x3 e outras actividades deportivas que supoñen unha festa do deporte para os rapaces lucenses e serve para fomentar a práctica do deporte ”. A xira visitará a cidade os días 8 e 9 de marzo e a carpa multideporte estará ubicada no patio do Edificio Administrativo do Concello.

Os interesados en participar poden inscribirse gratuítamente na Piscina Municipal de As Pedreiras ata o sábado 8, inclusive. Este ano esperase a participación dun centenar de equipos compostos por catro xogadores.

Esta xira de 2008 deu comezo o pasado 26 de xaneiro en Murcia e levará a outras 22 cidades españolas o torneo máis importante de España de Fútbol 3x3, que a partir desta edición chamarase Edu Cup, e nas súas cinco edicións anteriores participaron máis de 50.000 nenos neste torneo.

Ademais de fútbol 3x3, o parque da Xira contará cunha zona multideporte con áreas para xogar a baloncesto, tenis, golf e os populares chutódromos. A final nacional do trofeo do torneo disputarase unha fin de semana con gastos pagados nun parque temático.