Imprimir

O EQUIPO DE ATESTADOS DA POLICÍA LOCAL LEVANTA ACTA POR DOUS ACCIDENTES DE CIRCULACIÓN C


6/3/2008 O equipo de atestados levantou acta dun accidente de circulación no que se viron implicados dous turismos en circulación e tres estacionados

O accidente tiña lugar hoxe, día 6, ás 9.00 horas no cruzamento das rúas Xulia Minguillón con Yañez Rebolo. O turismo matrícula LU5100I que circulaba pola rúa Xulia Minguillón (sinalizada con un ceda o paso), colisionou co turismo matrícula 8551CNX que circulaba pola rúa Yañez Rebolo.

Como consecuencia do choque, o turismo LU5100I causou danos ó turismo matrícula LU7243P, estacionado na beirarrúa de Yañez Rebolo e de seguido co LU2080S e LU4795T estacionados ambos na rúa Xulia Minguillón.

O condutor do turismo LU5100I, B.C.C. de 21 anos, veciño de Lugo, (condutor novel) deu un resultado positivo de 0.41 mg/l. por aire expirado polo que se lle instrúen dilixencias xudiciais.

Como consecuencia deste accidente resultuo ferido o mozo que circulaba como acompañante deste condutor polo que foi trasladado o Hospital Xeral por unha ambulancia do 061.