Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Presentado en Lugo un documental que denuncia a escravitude sexual infantil en Camboia


# Xoves, 06/03/2008
A Concelleira de Muller e Benestar Social asistiu á presentación do filme

O acto tivo lugar ás 19:00 horas no Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia

A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, asistiu á presentación dun documental que denuncia a escravitude sexual ás que son sometidas milleiros de nenas en Camboia. O acto tivo lugar ás 19:00 horas no Salón de Actos de Caixa Galicia e estivo organizado pola Asociación Alecrín co apoio da Fundación Anesvad.

O filme, titulado “As mariposas do Mekong”, está dirixido polo realizador Pedro Barbadillo e recolle a vida de Veasna, unha moza camboiense vendida como escrava sexual con 17 anos e trasladada do seu país natal a un bordel de Malasia onde pasou case dous anos ata que logrou escapar.

Na proxección estiveron presentes, ademais da edil, a protagonista da historia, Veasna Chan, o director do filme, Pedro Barbadillo, e a Presidenta da Asociación Alecrín, Ana Míguez.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova