Imprimir

OS BOMBEIROS DE LUGO CELEBRAN A FESTIVIDADE DE SAN XOAN DE DEUS


7/3/2008 Preto de 300 rapaces participaron nunha xornada de portas abertas do parque de bombeiros

Os bombeiros de Lugo celebrarán mañá sábado, 8 de marzo, a festivadade de San Xoán de Deus, o seu patrón. Como en anteriores ocasións, os bombeiros realizarán un desfile polo centro da cidade cos coches engalanados e utilizandos sirenas e luces. Esta actividade, que se realiza todos os anos, é seguida por moitos lucenses.

A continuación celebrarase a misa na honra de San Xoán de Deus na capela do parque de bombeiros.

Como en anteriores anos, a víspera da celebración, o parque de bombeiros abriuse aos rapaces da cidade. Foron 296 alumnos de diferentes colexios da cidade os que puideron coñecer de primeira man o traballao que realizan os bombeiros lucenses: apagando lume con extintores, utilizando as mangueiras ou subindo aos vehículos.