Cargando....
Concello de Lugo
06/12/22
NOVAS
Escoita esta páxina

A cuarta proba do Circuíto de Carreiras Corre con Nós celébrase esta fin de semana


# Venres, 07/03/2008
A saida e a meta da carreira estará situada baixo a Ponte Nova

O vindeiro domingo, 9 de marzo, terá lugar a terceira proba do circuito Corre con Nós 2007-2008 organizado polo Concello de Lugo. Saida e meta de todas as categorías estará situada baixo a Ponte Nova na propia estrada de Ombreiro en diracción á estación elevadora de augas.

A organización ten previsto abrir o prazo de recollida de dorsais e chips de todos aqueles que non o fixeran con antelación, o mesmo domingo a partir das 11:00 horas na carpa central, situada no aparcadoiro superior do centro comercial ata as 11:30 horas.

Os percorridos das catro carreiras que se disputan, pódense descargar na páxina web oficial da carreira: http://deportes.lugo.es/correconnos/. Ademais, neste espazo virtual pódense consultar as clasificacións individuais e por equipos dos adultos, así como as clasificacións xerais dos rapaces/as.

A categoría A, dos máis pequenos, sairá a partires das 12:00 horas percorrendo unha distancia de 600 metros. A categoría B ás 12:10 horas dando unha volta cunha distancia de 1600 metros e a categoría C ás 12:25 horas percorrendo unha distancia de 2600 metros.

Os adultos terán un circuíto de 2700 mt de ida e outros 2700 de volta cun control de cronometraxe de chip no punto de retorno e hora de saída prevista ás 12:40 horas.

A Estrada de Ombreiro permanecerá cortada entre a Estación Elevadora e o punto de saída entre ás 10:30 horas e as 13:30 horas, así coma tamén estará cortada o acceso desde a estrada de Santiago á estrada da carreira.

Os atletas que teñan que estar presentes nas mesas electorais ven de vocais ou de presidentes de mesa poderán convalidar a carreira presentando a documentación do seu nomeamento como membro de mesa á Concellería de Deportes a partires da próxima semana.

Esta cuarta proba do circuíto Corre con Nós, que conta co patrocinio do Centro Comercial de As Termas, Coca Cola e New Balance.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova