Lugo condena o atentado. Convocada unha concentración silenciosa
# Luns, 10/03/2008
Terá lugar o luns, 10 de marzo, ás 12:00 horas diante da Casa Consistorial
O Concello de Lugo convoca unha concentración silenciosa de 5 minutos diante a Casa do Concello como mostra de repulsa e condena ao vil asesinato de Isaías Carrasco, ex concelleiro socialista do Concello de Mondragón. A Corporación Municipal lucense tamén quere expresar o seu máis profundo pesar á familia do falecido.
Terá lugar o luns, 10 de marzo, ás 12:00 horas diante da Casa Consistorial.
Compartir: