Imprimir

MÁIS DE 50 PERSOAS LOGRARON A SÚA INSERCIÓN LABORAL GRACIAS AO SERVIZO DO II PLAN GALEGO DE INCLUSIÓN SOCIAL


10/3/2008 O obxectivo e facer posible o acceso ao mercado de traballo das persoas en situación de risco de exclusión social

O Concello de Lugo persegue que todo o mundo teña unha calidade de vida digna, acceso o emprego e se beneficie dos recursos, os dereitos, os bens e os servicios. Para posibilitar o desenvolvemento de accións de integración social e laboral das persoas en risco de exclusión social, estableceuse un convenio de colaboración entre o Concello e a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar Social e o Concello de Lugo.

O Plan Galego de Inclusión Social presenta como obxectivo fundamental que as persoas ou familias en situación de pobreza ou exclusión social logren adquirir as habilidades necesarias para evitar a súa vulnerabilidade aos cambios nos procesos socioeconómicos, posibilitando o acceso ao emprego e mantemento dunha vida normalizada.

A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, explicou que se actuou sobre aqueles factores condicionantes da exclusión para promover a incorporación e a participación social das persoas afectadas, mellorouse o seu nivel de información e formación para favorecer o seu acceso a un emprego duradeiro e de calidade. Ademáis, aproveitáronse as políticas activas de emprego para colectivos desfavorecidos e se reduciu o impacto da pobreza sobre mulleres, incidindo sobre aqueles factores específicos que dificultan a sua inserción social e laboral así como a integración educativa, sanitaria e laboral, etc.

Carmen Basadre indicou que “dende o principio do servizo levamos atendidas a 622 persoas, das que no 2007 incorporáronse un total de 59 persoas, 41 mulleres e 18 homes”. Dende que comenzou o servizo, un 30% dos usuarios atoparon traballo estable e mellorouse moito a súas capacidades de empregabilidade.

O perfil maioritario das incorporacións son mulleres de entre 25 e 45 anos, sen estudos e perceptoras directas da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA).

En canto as problemáticas dos usuarios: a maioría son persoas que levan menos dun ano en paro, inmigrantes, desempregados de longa duración, persoas pertencentes as minorías, con escasez de recursos… A porcentaxe máis alta dos usuarios carecen de estudos básicos, o que, segundo Basadre, “fai que a inserción laboral sexa máis difícil, dada a competitividade existente no mercado hoxe en día, e que sexa laborioso o traballo con eles cara á súa capacitación laboral, xa que carecen de hábitos laborais básicos, e outros importantes como habilidades sociais”. Da experiencia laboral cabe destacar que a porcentaxe máis alta é a de usuarios que acceden por primeira vez o mercado laboral, aspecto a valorar positivamente.

Insercións
A Concelleira de Muller e Benestar Social explicou que as maiores insercións laborais corresponden as mulleres, cunha idade de entre: 25 a 45 anos, sen estudos e perceptora directa da RISGA. “Isto está en relación directa co perfil das incorporacións”.

Atopámonos así que a maior empregabilidade dos usuarios do Plan Galego de Inclusión do Concello correspóndelles ás mulleres, xa que o sector que máis xera ofertas de emprego é o dos servizos (empregadas do fogar, hostalería, etc.), sector onde acostuman ter xa experiencia, é por tanto o sector onde con máis facilidade ata agora se empregan.

No ano 2007 conseguíronse 51 insercións laborais, 33 mulleres e 18 homes. Segundo os colectivos 8 inmigrantes 12 parados de longa duración, 20 parados con menos de un ano, 5 con escasez de recursos, 3 de minorías étnicas, 2 emigrantes retornados e unha persoa con discapacidade.

Obxectivos de futuro
A Concelleira explicou que de cara o futuro se tratará de mellorara rede de recursos, en distintas áreas como vivenda, sanitaria, formación específica, inserción social,etc. Ademais, tratarase de dirixir as accións do Plan a mellora e adquisición de habilidades básicas para a convivencia.

Buscarase orientar as actuacións nun plano transversal a outros ámbitos distintos do emprego, promover o acceso a educación e a formación, previndo o fracaso escolar e aumentando os niveis de competencias, fomentar a accesibilidade e uso normalizado dos servizos sanitarios, promover a conciliación da vida laboral e familiar e fomentar a participación das organizacións de iniciativa social.