Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Douscentos escolares descubrirán esta semana os beneficios dun Almorzo Saudable


# Luns, 10/03/2008
O programa desenvolto pola Concellería de Servizos Xerais continúa esta semana visitando os colexios dos Padres Franciscanos e Divina Pastora

A quinta edición do programa de Almorzos Saudables, posto en marcha pola Concellería de Servizos Xerais, continúa esta semana en dous colexios lucenses nos que participarán 210 escolares que descubrirán os fundamentos dun almorzo saudable.

O martes e o mércores serán 110 alumnos do Colexio Padres Franciscanos os que gocen dun almorzo saudable. O Colexio Divina Pastora acolleraos o xoves e o venres no que participarán 100 nenos.

O programa fará unha pausa durante as vacacións escolares de Semana Santa e retomará as actividades o día 25 de marzo. Os Almorzos saudables rematarán o 26 de marzo tras visitar os centros inscritos nesta iniciativa do Concello de Lugo, que son arredor de 25 entre públicos e privados, e na que participarán 2.173 rapaces de entre 6 e 8 anos de idade.

Esta campaña está realizada para promocionar os hábitos saudables entre os escolares e ensinarlles a importancia que ten un bo almorzo para render con bo ritmo todo o día. O programa seguirá a mesma dinámica que en edicións anteriores, e ofrecerase aos máis cativos cereais, froita, leite e cacao, que coma o ano pasado será das tendas de comercio xusto.

Como en anos anteriores, repartense entre os rapaces lápices e bolígrafos do programa, así como xogos didácticos. Nesta ocasión estase a regalarase tamén unha taza para o almorzo coa mascota Cunquín. O Concello quere así colaborar no coidado do medio ambiente e evitar o uso de materiais non reciclables ou contaminantes no desenvolvemento deste programa con tan boa acollida en toda España.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova