Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O musical Grease encherá de brillantina e rock and roll a cidade de Lugo en abril


# Martes, 11/03/2008
O espectáculo contou con máis de 500.000 espectadores no Teatre Victòria de Barcelona

As representacións serán o 26 de abril no Auditorio Municipal Gustavo Freire

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e o promotor Ignacio Faulín, anunciaron que no mes de abril unha espectacular montaxe chegará á cidade: o Grease Tour.

Con esta producción de luxo o Concello de Lugo continúa coa súa aposta pola promoción da cultura de calidade na cidade. Nesta ocasión ábrense as portas do Auditorio Municiopal para fomentar a iniciativa privada. A Concelleira de Economía e Emprego afirmou que “é unha honra contar cun espectáculo que se consolidou na cartelera durante dúas tempadas con exitosas representacións no Teatre Victòria de Barcelona, onde bateu todos os records de público, sumando máis de 500.000 espectadores dende que se estreou en setembro de 2006”.

Pola súa banda, Ignacio Faulín recordou que este musical para todas as idades, presentouse por primeira vez nun teatro de Broadway en 1971. Tratouse dunha maneira trepidante e divertida de texer unha historia que retomou os anos do primeiro rock and roll norteamericano (finais dos anos 50 y principios dos 60). A montaxe foi todo un éxito e en 1978 o fenómeno GREASE tomou dimensións universais coa película homónima protagonizada por John Travolta e Olivia Newton John.

Agora, en 2008, GREASE tour é un grande musical- en plena efervescencia estatal do xénero- que recolle todas as cancións da película e do musical orixinal ademais doutros clásicos da época. Os números son abraiantes: 25 persoas no escenario entre cantantes e corpo de baile, 10 cambios de vestiario, preto de dúas horas de show....

Realizáronse moitos musicais os últimos anos en España pero este é moi especial coa súa frescura e o seu repertorio vibrante. E é que- cun abano de idades arrancando na infancia- GREASE tour é o musical para mozos de todas as idades.

Repertorio

1.- “Grease”
2.- “Noches de verano” (“Summer nights”)
3.- “Come on let´s go”
4.- “Freddy mi amor” (“Freddy my love”)
5.- “Ramalama ding dong”
6.- “Un quinceañero enamorado” (“A teenager in love”)
7.- “Tu vas a ser mi amor” (“You´re the one that i want”)
8.- “En vano estoy colada” ( “Hopelessly devoted to you”)
9.- “Fiel hasta el anochecer”
10.- “Tears on my pillow”
11.- “Hey baby”
12.- “Born to hand jive”
13.- “Vamos a bailar” (“At the hop”)
14.- “Since I don´t have you”
15.- “Bella fracasada” (“Beauty school drop-out”)
16.- “Shakin at the high school”
17.- “Llueve en mi corazón”
18.- “Shoop shoop song”
19.- “Mágicos momentos”
20.- “El rayo” (“Greased lightnin”)
21.- “Look at me i´m Sandra Dee”
22.- “No podría hacer peor”
23.- “Sandy”
24.- “Ya está bien”
25.- “La bamba”
26.- “Todos juntos” (“We go together”)


Elenco do espectáculo está formado por:
Cantantes.- Beatriz Lara, María, José Antonio Vadillo, Leo Trevi, José María Sales, Pedro Martell y David Ávila

Ballet.- Goyo Gañán, Marta Arnas, Alejandro Rodríguez, Lourdes Moreno, Carlos Rodríguez, Ana Cristina, Álvaro, Alberto Cortés, Fátima Cervantes, Daniel Vegas, Esther Guisado, Emilio Serrano, María José Recio, Francisco Morgado y Mercedes Cantó.

Vestiario: Design Art´s
Coreografía: Goyo Gañán
Atrezzos: Olivercast (Valencia)

Venda de entradas
As entradas poderán mercarse a partir do venres 14 de marzo a través da páxina web www.caixanova.es ou no teléfono 902 504 500. Os prezos das entradas oscilarán segundo a zona de asento entre: 28 euros na Zona A, 24 na B e 20 na C. As funciones terán lugar o 26 de abril en dúas sesións: ás 20:00 horas e ás 22:30 horas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova