Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os servizos de telefonía e internet lideran as consultas dos consumidores lucenses rexistradas na OMIC


# Martes, 11/03/2008
O Concello conmemora o xoves, 13 de marzo, o Día Mundial do Consumidor cun programa de actos especial

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou o programa de actos do Día Mundial do Consumidor xunto a Presidenta da Asociación de Amas de Casa de Lugo, Cristina Abadín Blanco.

A edil aproveitou a ocasión para ofrecer un balance das consultas e das reclamacións rexistradas na Oficina Municipal do Consumidor (OMIC) ao longo dos meses de xaneiro e febreiro de 2008. Os servizos de telefonía móbil e internet continúan a liderar os motivos de consultas e reclamacións atendidas nesta oficina, debido principalmente aos problemas que atopan os consumidores para darse de baixa nos servizos contratados, para cambiar de operadora ou por desacordos coa facturación.

Outros temas sobre os que se reciben consultas habitualmente son o gas e a electricidad e sobre servizos ofertados polos sectores da banca e dos seguros, que supoñen o 10% das solicitudes de información atendidas, respectivamente.

Luisa Zarzuela destacou o incremento de consultas realizadas polos consumidores sobre a compra de vehículos usados, que supoñen o 22% das peticións de información atendidas na OMIC, que ao longo destes dous meses tramitou un total de 195 consulta e 66 reclamacións.

Respecto ao periodo de rebaixas, non se rexistrou ningunha reclamación relacionada con produtos como a roupa, o calzado ou electrodomésticos o que indica “que os consumidores cada vez están máis informados e os comerciantes cumpren coa normativa vixente”, manifestou Zarzuela.

O Día Mundial do Consumidor conmemórase cada 15 de marzo dende o ano 1962 para difundir os dereitos dos consumidores. O Concello de Lugo súmase a esta celebración cun programa de actos que se desenvolverán o vindeiro xoves, 13 de marzo, en colaboración coa Asociación de Amas de Casa de Lugo.

A primeira das actividades programadas é unha conferecia sobre a incidencia das graxas comestibles na saúde que ofrecerá o Presidente do Colexio Oficial de Médicos de Lugo, Ignacio Vidal Pardo especialista en endocrinoloxía. Esta charla terá lugar a partir das 11:00 horas no salón de actos do Centro Social Uxío Novoneyra.

Ao seu remate, sobre ás 12:00 horas, partirá dende a rúa Quiroga Ballesteros, unha excursión a Quiroga para visitar o Museo Etnográfico desta localidade e unha almazara de aceite. Ademais, os participantes serán recibidos na Casa Consistorial quiroguense por membros desta Corporación Municipal ás 16:30 horas.

Os interesados en inscribirse nestas actividades gratuítas poden formalizar a súa solicitude na Oficina de Información ao Consumidor, situada no Edificio Administrativo do Concello de Lugo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova