Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Programa Cinensino proxecta o filme Salvatore. Así es la vida


# Martes, 11/03/2008
É o segundo filme desta edición do programa de prevención de drogodependencias

O Servizo Municipal de Prevención de Drogodepencias, dependente da Concellería de Muller e Benestar Social, ofrecerá mañá en Lugo a proxección dun novo filme dentro do programa Cinensino.

Trátase do filme italiano Salvatore. Así es la vida dirixido por Gian Paolo Cugno e estreado en España no ano 2007.

A película, a segunda desta nova edición, xira arredor da vida de Marco Brioni, un mozo mestre de primaria que acepta un posto nun colexio dunha aldea siciliana, onde se traslada.

Alí coñece ao pequeno Salvatore, orfo de pai e nai, que se ve obrigado polas circunstancias a asumir responsabilidades que superan a súa idade. Salvatores atopa no mestre a un pai e Marco interésase pola historia do cativo. Ao final o mestre implícase tanto que chega a por en perigo a seguridade do neno e obriga ao asistente social a intervir.

Este filme forma parte do módulo: lecer xuvenil como factor de risco no consumo de drogas, e será proxectado o mércores 12 de marzo no Auditorio Gustavo Freire, nunha primeira sesión ás 9 da mañá e unha segunda ás 11.

O programa Cinensino está englobado dentro do Plan Nacional contra a Drogadicción. As películas son para rapaces de Ensino Secundario que posteriormente traballarán individualmente con fichas didácticas que se repartirán á finalización das proxeccións.

O programa rematará coa proxección do filme Un puente hacia Terabitia.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova