Cargando....
Concello de Lugo
19/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Sete centros educativos de Lugo participan no programa Arqueoloxía na Escola


# Mércores, 12/03/2008
Os alumnos do CEIP de Casás coñecerán mañá xoves 13 de marzo o pasado romano da cidade

O ciclo de conferencias do programa Arqueoloxía na Escola, que se celebra por terceiro ano organizado pola Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, comenzou o pasado 28 de febreiro e xa foron dous os centros lucenses nos que tiveron lugar estas charlas: o CEIP Manuel Mallo Mallo (Nadela) e o CEIP Virxe da Soidade.

Mañá xoves 13 de marzo, os escolares lucenses terán unha nova cita coa romanización no CEIP de Casás.

Neste programa participan preto de 270 rapaces do último ciclo de primaria de sete centros públicos de Lugo. Foron estes centros os que se sumaron a esta iniciativa, que foi presentada e ofertada a todos os colexios públicos do termo municipal.

O programa desenvolverase todos os xoves ata o 8 de maio e sempre co mesmo horario, de 12:45 a 13:45 horas.

Con este programa preténdese dar a coñecer o pasado romano a través dos restos arqueolóxicos que se foron atopando nos últimos anos, abordando temas como o mapa histórico e xeográfico, o abastecemento de auga da cidade, infraestruturas viarias, a casa romana, as termas, a industria, o comercio e, por suposto, a muralla.

Estas conferencias están a cargo dos arqueólogos municipais, que se irán turnando nos diferentes centros e que responden ás incógnitas que teñen os máis cativos sobre o pasado


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova