Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo acollerá o campionato de España de Pentatlón moderno


# Mércores, 12/03/2008
As probas terán lugar este sábado, 15 de marzo, no Pavillón Municipal de Frigsa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto ao Deputado Provincial da Área de Deportes, Antonio Veiga, ao Presidente da Federación Galega de Triatlón, Paco Villanueva e ao secretario da Asociación F.F.M., Miguel Fernández, o campionato de España de Pentlatón Moderno que acollerá Lugo o vindeiro sábado, 15 de marzo.

Díaz Grandio explicou que os participantes competirán en catro probas que consistirán en proba de tiro, de esgrima, de natación e de carreira de asfalto para o que se aproveitarán as instalacións do Pavillón Municipal de Frigsa.

A competición arrincará ás 8:00 horas coa proba de tiro, que se disputará na galería de tiro deste centro deportivo municipal.
As seguintes probas disputaranse cos seguintes horarios:
- a partir das 10:00 terá lugar a proba de esgrima
- ás 13:00 horas comezará a proba de natación
- e ás 16:45 disputarase a carreira de asfalto no contorno do pavillón municipal de Frigsa.

A entrega de trofeos está prevista para ás 18:30 horas.

Este campionato nacional de España contará coa participación de atletas de Canarias, Galicia, Cataluña, Cantabria, Asturias, Baleraes e Madrid e achegarán unha media de cen deportistas por cada unha das cinco categorías presentes no campionato, entre eles algún de prestixio internacional.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova