Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello selecciona aos participantes no vindeiro Concurso Nacional de Parques Infantís de Tráfico


# Mércores, 12/03/2008
O certame terá lugar en Lugo no mes de maio

O Parque Infantil de Tráfico acolleu a selección de participantes no Concurso Nacional de Parque Infantís de Tráfico, que se celebrará en Lugo no mes de maio.

Un total de 20 rapaces e rapazas na categoría de car e bicicleta e 10 na de ciclomotor pasaron o examen no que se escolleron a dous en cada categoría. Os rapaces seleccionados foron:

- Categoría Car e Bicileta: Rubén Cansino Rodríguez do Colexio Salesianos e Rubén López Gómez do IES Anxel Fole.

- Categoría Ciclomotor: José Miguel Rodríguez Fernández do IES Anxel Fole e Iago Vigo Rodríguez do Colexio Divino Maestro.

A selección tivo lugar ás seis e media da tarde e nela participaron a Concelleira de Educación, María Dolores Vieiro; o Director Provincial de Tráfico, Julio Álvarez, a Coordinadora de Educación Vial da Xefatura de Tráfico, Sara Fuenteseca, e o Xefe do Parque Móbil, José Reigosa, ademais dos monitores.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova