Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Membros da corporación municipal asisten á inauguración dun novo hotel no centro histórico de Lugo


# Xoves, 13/03/2008


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e o Conselleiro de Industria, Fernando Blanco, inauguraron hoxe o hotel monumental construído no Pazo de Orbán e Sangro.

O espazo construído en pleno centro histórico da cidade completa a oferta hostelera lucense e forma parte da remodelación que os últimos anos se está levando a cabo no burgo vello de Lugo.

A Concelleira de Cultura indicou que “se trata dunha expléndida recuperación do edificio e que é unha mostra da importancia que ten á iniciativa privada para a promoción do turismo da cidade”.

O hotel atópase situado en pleno recinto amurallado, ao lado da Catedral, do Museo, do Obispado e con vistas directas á Muralla. O Pazo foi restaurado conservando elementos característicos como a escalinata ou elementos ornamentais que se conxugan con instalacións máis modernas.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova