Cargando....
Concello de Lugo
01/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Unha estratexia ben definida e con certo risco foi a clave para vencer no II Maratón Empresarial Universitario


# Xoves, 13/03/2008
Os ganadores xa foron os vencedores da primeira fase deste concurso organizado pola Concellería de Emprego

As ideas claras e os pasos a seguir fixados dende o principio. Esa é a clave do éxito da empresa ficticia Malo será que venceu na II edición do Maratón Empresarial Universitario que un ano máis organiza a Concellería de Emprego que dirixe Sonia Méndez.

O equipo, composto por catro mozos estudantes de Administración e Dirección de Empresas e de Empresariais, obtivo un beneficio que se aproxima ao millón e medio de euros. A clave para logralo foi arriscar e ofrecer ao mercado un producto novo sen competencias.

Os cinco equipos participantes -Malo será, Activa 1, Hermes, Ade, Cafeca- partían coas mesmas posibilidades e a súa actividade sería a fabricación de productos non perecedeiros.

Os equipos debían establecer aí a súa estratexia e enfrontarse á do resto de participantes. Malo será decidiu dende o principio investir en maquinaria nova que lle permitise fabricar un novo producto e lanzalo ao mercado. Esta foi a clave do seu éxito. Este novo producto só o fabricaron eles copando totalmente a demanda do mercado e sen ter ningún tipo de competencia.

Esta decisión arriscada permitiulles ter uns beneficios de máis de 1 millón de euros e distanciarse considerablemente dos seus adversarios que centraron a súa estratexia na venda de productos xa coñecidos no mercado e nos que traballaban numerosas empresas.

De viaxe a Londres
Os ganadores, que viaxarán a Londres, son catro rapaces de Lugo e Ourense: José Luis Ramos Barrio, Borja Ruíz Castro, Adrián Estévez Gayoso e José Rodríguez Losada. Recibiron o premio de mans do Alcalde de Lugo, José López Orozco, que estivo acompañado pola Concelleira de Emprego, Sonia Méndez e polo Vicerreitor adxunto de investigación e proxección exterior, Agustín Merino.

Na primeira fase, celebrada o 21 e 28 de febreiro, a competición estivo moi disputada e os 22 rapaces e rapazas que compiten empregáronse a fondo na definición das súas estratexias sobresaíndo xa daquela o traballo de Malo será.

Os pequenos erros de xestión nas primeiras xogadas, foron determinantes para que os equipos consolidasen os seus beneficios e perdas e decidisen a estratexia a seguir nas seguintes fases.

Nesta II edición arriscarse e investir cartos nun novo producto foi a clave do éxito.

II Maratón Empresarial

Trátase dun concurso por equipos integrados por alumnas e alumnos universitarias do último ou penúltimo curso da súa carreira. O obxectivo é realizar unha simulación de xestión empresarial a través dun programa informático na que, competindo entre equipos, os participantes poderán testar a súa capacidade para xestionar o funcionamento global dunha empresa.

Entre as novidades desta edición, destaca que os equipos xogarán unha primeira fase, e farase unha clasificación por volume de beneficios acumulados. Os equipos pasarán á segunda fase, da que sairá o equipo vencedor.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova