O Concello de Lugo abre o prazo de matrícula na Escola Infantil Serra de Outes e os pais interesados en inscribir aos seus fillos nesta gardería para o curso 2008-2009, poderán facelo dende o 15 de marzo ata o 15 de abril.
O impreso de solicitude de nova praza está dispoñible na Oficina de Atención ao Cidadán, nas dependencias da Concellería de educación e na propia gardería. Unha vez cuberto o deberán presentar xunto a documentación necesaria na oficina de rexistro municipal.
Os nenos que xa están inscritos na escola infantil e están interesados en continuar o curso seguinte recibirán un impreso de reserva de praza que teñen que presentar tamén na oficina de rexistro do Concello.