Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello abre o prazo de matrícula na Escola Infantil Municipal Serra de Outes


# Venres, 14/03/2008
- O prazo permanecerá aberto dende o 15 de marzo ata o 15 de abril - O impreso de solicitude está dispoñible na Oficina de Atención ao Cidadán, na Concellería de Educación e na propia escola

O Concello de Lugo abre o prazo de matrícula na Escola Infantil Serra de Outes e os pais interesados en inscribir aos seus fillos nesta gardería para o curso 2008-2009, poderán facelo dende o 15 de marzo ata o 15 de abril.

O impreso de solicitude de nova praza está dispoñible na Oficina de Atención ao Cidadán, nas dependencias da Concellería de educación e na propia gardería. Unha vez cuberto o deberán presentar xunto a documentación necesaria na oficina de rexistro municipal.

Os nenos que xa están inscritos na escola infantil e están interesados en continuar o curso seguinte recibirán un impreso de reserva de praza que teñen que presentar tamén na oficina de rexistro do Concello. 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova