Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Tes moito Lugo por descubrir, a nova guía do comercio do centro da cidade


# Venres, 14/03/2008
Repartiranse 15.000 exemplares da publicación

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e o Presidente de Lugo Centrum, José Sánchez Bergantiños , presentaron hoxe a guía do comercio lucense: Tes moito Lugo por descubrir.

Nesta guía atópanse as rúas, comercios, prazas e monumentos da cidade, con explicacións en galego, castelán e inglés. O presidente de Lugo Centrum explicou que se van a repartir 15.000 exemplares en oficinas de turismo, hoteis e puntos de referencia para os visitantes da cidade.

A Concelleira de Economía e Emprego felicitou a Lugo Centrum por levar a cabo esta iniciativa para atraer aos turistas ao comercio lucense. Sonia Méndez explicou que “o turismo da cidade experimentou dende o ano 2003 un incremento do 421%”, pasou dos 7.708 turistas aos 40.212 visitantes no 2007. “Hai que seguir traballando nesta liña para conseguir levar aos turistas ao comercio do centro histórico, caraterizado pola súa calidade e a proximidade”.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova