Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibe ao Comandante Militar da Coruña e Lugo


# Venres, 14/03/2008
Ocupa o cargo dende o pasado 3 de marzo

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá a visita do novo Comandante Militar da Coruña e Lugo, José María Timón Sánchez, que asumiu o cargo o pasado 3 de marzo.

López Orozco deulle a benvida á cidade e suliñou a importancia de que existan unhas boas relacións cos representantes do Exército de Terra que estarán presentes como cada ano na cidade o vindeiro Martes Santo con motivo da procesión do Bon Xesús e do Nazareno dentro da Semana Santa lucense.

Timón Sánchez explicou que hoxe facía a primeira visita ás autoridades da cidade e da provincia para presentarse formalmente e ofrecerse para que as relacións “entre o exército de Terra e as autoridades civís sexan o máis fluídas e o máis agradables posibles”.

José María Timón Sánchez, naceu no ano 1947 en Larache (Marrocos). Está casado e ata o de agora estaba destinado no Centro de Historia e Cultura militar de A Coruña.

Pertence á Armada de Infantería e á XXV promoción da academia Xeral militar.

Entre outros destinos, estivo: no Batallón de instrucción de reclutas da A.A.I.U.N do Sáhara, no Tercio 4º da Lexión no Sáhara, no Estado Maior do Mando Rexional Noroeste de A Coruña, foi Xefe do Reximento de Infantería “Sicilia 67” en San Sebastián.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova