Cargando....
Concello de Lugo
16/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Rematan as II Xornadas de Prevención de Drogodependencias que serviron de foro para profesionais do sector e docentes


# Venres, 14/03/2008


A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, clausura este sábado, 15 de marzo, as “II Xormadas Lucenses de Prevención en Drogodependencias: a prevención en contextos educativos”, que comezaron o pasado 29 de febreiro e están organizadas polo Servizo Municipal de Drogodependencias.

O acto terá lugar ás 13:30 horas e contará coa participación do Subdelegado do Goberno Jesús Otero Calvo, o Delegado Provincial de Educación Luis M. Álvarez Martinez e o responsable académico e Médico da Unidade Preventiva Carlos Quintas.

O programa desta última xornada arrincará ás 9:00 horas cunha Mesa redonda na que distintos profesionais porán en común actuacións preventivas nas aulas. Para rematar o Responsable de Prevención da Comunidade Autónoma de Galicia, Jesús Morán, e o Catedrático de Psicoloxía Social da Universidade Pedro Olavide, Gonzalo Musito, ofrecerán dúas conferencias nas que abordarán as perspectivas futuras para a prevención das drogodependencias e a relación entre a educación e a prevención.

Estas xornadas serven para crear un espazo de encontro interprofesional orientado de cara ó debate, coñecemento, análise e innovación con obxecto de potenciar o desenvolvemento profesional no ámbito da prevención.

Os contidos abordados tentaron establecer unha serie de temas que afondasen na interrelación de factores multicausales das problemáticas de drogodependencias. Deste xeito, numerosos profesionais pertencentes a asociacións, docentes universitarios e técnicos de prevención de diversos concellos entre outros, facilitaron aos asistentes a visión dunha problemática que se consolida como unha constante a nivel estatal.

Os destinatarios principais destas xornadas son os profesionais do ámbito educativo, sendo os máis numerosos os estudantes de maxisterio da USC do campus de Lugo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova