Cargando....
Concello de Lugo
20/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Servizo Municipal de Drogodependencias informará aos mozos e mozas lucenses sobre as consecuencias negativas do consumo de alcohol


# Venres, 14/03/2008
Seis monitores traballarán as noites das fines de seman no Parque Rosalía de Castro ata finais de xuño

O Servizo de Prevención de Drogodependencias, que depende da Concellería de Muller e Benestar Social do Concello de Lugo, inicia unha actividade en pro do civismo. A intervención estará contextualizada no parque de Rosalía de Castro, lugar que habitualmente utilizan os mozos e mozas da cidade como lugar de reunión nas noites das fines de semana.

Un grupo de seis monitores traballarán, desde o día 14 de marzo ata finais de xuño todos os venres e sábados de 23:00 ás 02:00 horas, cos mozos e mozas que están a consumir a estas horas alcohol e outras sustancias adictivas.

O obxectivo desta actividade é que os que participan no chamado botellón adquiran rutinas de civismo para que a zona quede en perfecto estado xa que “Lugo non ten por que estar de resaca”.

Por outro lado o consumo de alcohol nos mozos e mozas é unha das maiores problemáticas dos nosos tempos, grazas a esta actividade traballarase a prevención en drogodependencias dentro do uso responsable en maiores de idade e o non consumo en menores.

O aumento de cubos de basura, o reparto de bolsas para o lixo e de auga, así como o acercamento aos grupos, a toma de contacto e os mensaxes de prevención de drogodependencias, basearán a actividade.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova