Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza cursos de ciclomotor para alumnos de secundaria


# Venres, 14/03/2008
A formación terá lugar no PIT a partir do 11 de abril

Como cada ano o Parque Infantil de Tráfico, dependente da Concellería de Educación que Dirixe Dolores Vieiro, en colaboración cos centros de ensino secundario, a Xefatura Provincial de Tráfico e o Instituto Mapfre de Seguridade Vial, organiza os tradicionais cursos de ciclomotor para rapaces de entre 14 e 16 anos.

Os cursos se celebrarán a partir do 11 de abril todas as tardes, de seis a oito, agás os días de actividade escolar. Cada grupo terá un total de dúas semanas de formación en grupos que non superarán os 20 alumnos.

Como sempre, os cursos serán gratuítos, previa inscrición dos centros, que poderá realizarse entre o 14 de marzo e o 2 de abril. As clases desenvolveranse nas instalacións do Parque Infantil de Tráfico, no parque da Milagrosa.

Os rapaces recibirán formación sobre a Lei de Seguridade vial e normas xeraIs de circulación: elementos fundamentais do tráfico, coñecemento da problemática do tráfico no entrono escolar e do barrio, normas de conducta para a circulación ponil na cidade, normas de conducta como viaxeiro, sinais de circulación e o funcionamento do ciclomotor. Incidirase moito na importancia da utilización do casco, nos primeiros auxilios en caso de accidente e na influencia das drogas e do alcohol na conducción.

Para obter máis información pódese chamar ao 982 297 422 ou a través da dirección de correo electrónico pitarrobaconcellodelugo.org.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova