Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Oficina Municipal de Turismo amplía o seu horario de atención ao público durante a Semana Santa


# Luns, 17/03/2008
Repartirán material específico para promocionar esta celebración entre os visitantes

Con motivo da celebración da Semana Santa, a Oficina Municipal de Turismo, situada na praza da Constitución, ampliará o seu horario de atención ao público nunha hora.

Eso significa que o horario establecerase de dez a dúas, pola mañá, e de catro e media a sete, pola tarde.

Esta ampliación de horario de atención turística prodúcese todos os anos para facer fronte á esperada chegada de visitantes, que novamente se espera que sea importante.

A Oficina de Turismo ofrece estes días como material novo unha guía elaborada polo Concello e a Xunta de Confrarías na que se recollen horarios e percorridos das procesiones así como as peculiaridades históricas das mesmas. Repartiranse un total de 5.000 exemplares, pero tamén foi elaborado un pequeno folleto máis reducido e máis orientado, pola súa facilidade de manexo e polo seu contido, para os turistas. Deste elaboráronse 7.000 exemplares.

Ademais este ano ofreceranse aos visitantes un novo produto para enriquecer a súa oferta cultural e para dar a coñecer a cidade e a súa muralla Patrimonio da Humanidade: as rutas audioguiadas en mp3.

As audioguías incorporan información de 22 puntos de interese, a través dunha locución amena e orixinal que nos leva por Lugo e descóbrenos a súa historia, costumes e lendas.

Son aparellos de mp3 moi lixeiros e cun sistema audio dixital de gran calidade, que se acompañan dun folleto explicativo que axuda a identificar os monumentos e lugares que se detallan en cada locución. Están dispoñibles en cinco idiomas: galego, español, inglés, francés e alemán e poden alugarse na Oficina Municipal de Turismo.

O prezo é de 6 euros e alúganse por 24 horas, o que permite dotar dun alto grao de autonomía ao visitante, xa que pode elixir o momento e o punto do itinerario que desexa visitar. Ademais, o contido das audioguías tamén pode descargarse gratuitamente na páxina web www.lugoturismo.com.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova