Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo e a Armada renden homenaxe á Virxe da Esperanza


# Luns, 17/03/2008
A Corporación Municipal leva 56 anos recibindo á Armada de Ferrol nestas datas

A Corporación Municipal lucense e a Armada renovaron por 56º ano consecutivo os seus vínculos e participaron no tradicional desfile precesional da Irmandade da Nosa Señora da Virxe da Esperanza, da cal a Armada é Irmán Maior Honorario dende o ano da súa constitución.

Arredor dun cento de membros da Unidade participaron en Lugo na celebración deste luns de Semana Santa. Unha escadra de Gastadores, Banda de música, Bandeira e Abanderado do Tercio do Norte así como dúas seccións do Tercio Norte e unha do Arsenal, estiveron coordenados polo Almirante Xefe do Arsenal de Ferrol, Francisco Cañete Muñoz e fixeron o tradicional desfile diante as autoridades militares e civís presentes na Praza Maior lucense.

Ás 12:10 da mañá estaban xa as Forzas en formación diante a Casa do Concello e ás 12:20 incorporouse a Bandeira á compañía de Honra. Dez minutos máis tarde o Almirante Xefe do Arsenal pasou revista á Forza, acompañado do Comandante do Tercio do Norte de Infantería de Marina, o Coronel de Infantería de Marina, Juan Feal Vázquez.

Posteriormente tivo lugar a retirada da Bandeira e o desfile. Finalizado este, a Banda de Música da Armada permaneceu na Praza Maior interpretando tres marchas militares, que as autoridades escoitaron dende o balcón da Casa Consistorial. Ao remate do concerto levouse a cabo o tradicional intercambio de agasallos institucionais. O Alcalde de Lugo, en nome do Concello fixo entrega ao Almirante Xefe dunha caixa de madeira para plumas.

Francisco Cañete aproveitou o acto para despedirse xa que este é a súa última visita á cidade como Almirante Xefe e nestas datas de Semana Santa.

Asinou no libro de honra e tivo unhas palabras de agradecimiento e parecio ao Alcalde e a todos os lucenses que cada ano os acolleron con moito agarimo.

Libro de honra:

“Es un gran honor para mí que uno de los últimos actos oficiales a los que tengo que asistir sea en Lugo, como invitado a los actos que con motivo de la Semana Santa se realizan en esta milenaria ciudad, acompañando a la Cofradía de la Vírgen de la Esperanza.
Es la quinta vez que estoy con estos amigos, que ya son para siempre.”

Tras un pequeno refrixerio, as autoridades participaron nun xantar. Os actos oficiais deste Luns Santo continuarán pola tarde coa tradicional procesión da Virxe da Esperanza que dará comezo ás 19:30 e na que cada ano participan miles de persoas.

O percorrido é o seguinte: Praza de Campo Castelo, Ronda da Muralla, Bispo Aguirre, Rúa dos Clérigos, Praza de Pio XII, Bon Xesús, Praza de Santa María, Praza Maior, Rúa da Raíña, Rúa de Xoán Montes, Rúa do Progreso, Praza de Santo Domingo, Rúa da Raíña e retirada.

Este Martes Santo continuarán os actos da Semana Santa lucense coa recepción ao Exército de Terra e a procesión do Bon Xesús e do Nazareno.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova