Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo homenaxea á campiona de España sub 20 de Judo e á medallista de ouro de piragüismo do Nacional Cadete


# Martes, 18/03/2008
O Alcalde de Lugo e o Concelleiro de Deportes recibiron ás dúas deportistas lucenses na Casa Consistorial

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, recibiron xunto a outros membros da Corporación Municipal as dúas deportistas lucenses Sara Álvarez e Tania Fernández, que recentemente lideraron os podios dos campionatos nacionais das súas disciplinas deportivas o judo e o piragüismo, respectivamente.

O acto tivo lugar este martes, 18 de marzo, ás 11:00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial e contou coa presencia dos adestradores das dúas deportistas e representantes das federación provinciais de judo e piragüismo.

A judoca, Sara Álvarez, proclamouse o pasado 8 de marzo campiona de España de judo na categoría sub 20 no municipio madrileño de Pinto. Pola súa banda, a palista lucense Tania Fernández alcanzou o pasado 9 de marzo a medalla de ouro no Nacional Cadete de Inverno celebrado en Sevilla.

Durante un acto distendido, as dúas deportistas compartiron cos presentes a satisfacción por sendos triunfos e recibiron de mans de José López Orozco os agasallos institucionais como lembranza polos seus logros.

O Alcalde entregoulle a cada unha das deportistas un xarrón artesanal de cerámica do Breixo e manifestou que “esta recepción é unha homenaxe da cidade de Lugo ao voso triunfo e ao exemplo de traballo e loita, tanto para os outros rapaces, como para os adultos”.

O Alcalde desexoulles unha longa carreira e pediulles que levaran “o nome de Lugo polo mundo adiante” e animounas a seguir traballando a seguir traballando para acadar cada día metas máis altas. Afirmou que o título de campiona de españa “supón un recoñecemento a un gran esforzo e por suposto, permitirá que o nome de Lugo se escoite con orgullo por todos os rincóns”.

Tania Fernández compartiu cos presentes a súa satisfacción polo éxito acadado e explicou que xa se está a preparar para as próximas citas como a proba do circuíto europeo: a Internacional de Portugal, que se desputará en Coimbra entre o 21 e o 23 de marzo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova