Imprimir

ESCOLARES DA CIDADE ADQUIRIRÁN NOCIÓNS CIENTÍFICAS DUN MODO DIVERTIDO E EDUCATIVO


18/3/2008 A Concellería de Educación e a Concellería de Servizos Xerais organizan unhas xornadas sobre nutrición saudable

A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro presentou os obradoiros de Ciencia Divertida nos que participarán 14 centros educativos da cidade entre o 27 de marzo e o 21 de abril.

Vieiro explicou que os obradoiros ofrecen a posibilidade de enseñar a ciencia de forma diferente. “Pretende despertar a curiosidade e a imaxinación das nenas e nenos a través dunha experiencia divertida e educativa onde se comprenda a importancia e o interese da ciencia e o seu efecto no mundo que nos rodea”.

Para 3º de infantil (5 anos) está o obradorio “A fábrica de aromas”, onde farán e decorarán os seus propios xabróns e se lles explicarán as súas propiedades, así como as propiedades da pasta de dentes e a importancia do cepillado.

No primeiro ciclo de educación primaria está o obradoiro “Esta non é a casa do terror: prevención de riscos domésticos”, a través do cal se pretende concienciar aos propios nenos e nenas dos perigos que poden atopar nas súas casas se non prestan atención.

Dirixido ao segundo ciclo de educación primaria “A auga a onde vai”, e para os máis maiores, o terceiro ciclo, ”Conservando a auga”. Talleres que continúan coa formación do ano pasado sobre desenvolvemento sostible e que pretenden concienciar aos máis pequenos do uso racional dos recursos naturais.

Cada taller ten unha duración aproximada de 50 minutos e terá lugar nunha aula do propio centro.

Xornadas nutrición saudable
Por outra banda, a Concelleira presentou tamén unhas xornadas sobre aspectos prácticos de nutrición e elaboración de dietas saudables para escolares que se levarán a cabo no mes de abril e que están organizadas polo Concello de Lugo e a Asociación de Licenciados en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos de Galicia (ALTAGA).

Vieiro explicou que o obxectivo destes cursos é fomentar a transmisión de hábitos alimenticios saudables que garantan unha correcta nutrición, tanto dentro como fóra dos comedores escolares.

Por iso é moi importante dirixir as actuacións divulgativas e formativas aos responsables de comedores familiares, APAS, docentes e familiares interesados en coñecer a instauración e mantemento de hábitos alimenticios saudables.

O programa das xoradas inclúe:
- A pirámide dos alimentos e consumo diario.
- Nutrientes dos alimentos
- Distribución diaria da inxesta e alimentos que se deben comer en cada unha das comidas do día.
- Estado nutricional do escolar
- Consellos para que os nenos estean sans.

Para recibir máis información pódese chamar ao 982 285 900, extensión 24146, no fax 982 285 872 ou a través do correo electrónico: altaga@lugo.usc.es.