Imprimir

A EXPOSICIÓN "O TRABALLO INVISIBLE DAS MULLERES" ESTARÁ ABERTA AO PÚBLICO EN SEMANA SANTA


18/3/2008 O Centro Social Uxío Novoneyra permanecerá aberto durante a Semana Santa de 16:00 a 21:00 horas

O Centro Social Municipal Uxío Novoneyra abrirá ao público durante a Semana Santa a sala de exposicións que acolle dende o pasado luns, 17 de marzo, a exposición “O traballo invisible das mulleres” e que permanecerá aberta ata o vindeiro 30 de marzo.

O horario da apertura da exposición será polas tardes de 16:00 a 21:00 horas, tanto os días festivos como na fin de semana.

Esta é unha mostra itinerante promovida pola Consellería de Traballo e que pode verse en Lugo, grazas á colaboración do concello. Combina documentos gráficos e textos que invitan a reflexionar sobre o traballo gratuíto das mulleres de Galicia e a súa repercusión no crecemento económico e social do noso país.

As actividades que se amosan, ademais de plasmar o pasado, fan visible o que aínda impregna o discorrer da vida de moitas mulleres, e que mediatiza as súas posibilidades no acceso aos recursos sociais, económicos, políticos e laborais.