Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Deputación Provincial presentou o Plan Director de Turismo 2008-2011


# Martes, 18/03/2008
Ao acto acudiu o Alcalde de Lugo quen sempre abogou porque as administracións traballen xuntas Gómez Besteiro abriu esta mañá o acto no que María Xosé Vega explicou o Plan polo que se rexirán todas as accións da provincia relacionadas co turismo

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, abriu este martes o acto no que Vicepresidenta Terceira da Deputación, María Xosé Vega, presentou o Plan Director de Turismo 2008-2011. Este plan pretende ser un instrumento real e dinamizador do sector turístico, en aras de crear na provincia de Lugo un sector turístico coordinado e profesional, partindo da formación, sensibilización e unidade da sociedade. Gómez Besteiro, que valorou positivamente o Plan, destacou ademais que a provincia contará cun Plan Estratéxico para o período 2008-2013“que marcará a actuación da Deputación nos próximos anos e que permitirá transformar á provincia nun territorio mellor articulado e máis eficiente”.

No acto no que tamén participaron membros da Corporación provincial, o Alcalde de Lugo, José López Orozco, así como os 21 concellos que forman parte da área de influencia do río Miño, María Xosé Vega explicou as principais liñas do plan director de turismo que son a representación dos concellos en feiras, congresos, mercados ou reunións; a mediación entre concellos, a colaboración da súa oferta turística, e a asistencia no deseño político de promoción e comercialización. Neste senso, a Vicepresidenta Terceira sinalou que “a Deputación non debe ser unha axencia de turismo, senón coordinar ós distintos axentes que operan no eido de turismo para que oferten paquetes turísticos ós visitantes”.

Este plano deseñouse tendo en conta os obxectivos turísticos que posúe a provincia e as distintas comarcas de Lugo, despois de facer un estudo de campo; todas as melloras que se van levar a cabo no eido turístico faranse combinando esforzos con outras administracións relacionadas co turismo, nomeadamente coa Dirección Xeral para o Turismo, dependente da Consellería de Innovación e Industria, e adecuando as propostas á realidade de demandas e necesidades a través da creación dun observatorio turístico provincial.

A día de hoxe o sector turístico xoga un papel de dinamización turística moi importante nos Concellos pois esperan que o turismo lles reporte unha nova vía de desenvolvemento e de creación de emprego pero, para que estes poidan pór en marcha políticas turísticas con éxito, é necesario coñecer e entender as claves que moven este sector: o perfil do viaxeiro, o que este desexa, o que necesita, e en que medida se lle pode ofrecer. Só asi poderemos establecer prioridades, explotar os puntos fortes e concentrar esforzos.

A delegada- deputada de turismo a nacionalista María Xosé Vega considera que: “o mellor servizo que a Área de Turismo e por extensión a Deputación, pode realizar neste sentido é ofertar formación a todos os axentes implicados, e crear lugares e mecanismos de reflexión e coñecemento do sector, xa que sería moi difícil que os concellos puideran facelo individualmente”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova