Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibe aos participantes do Campionato europeo sub-20 de balonmán


# Sábado, 22/03/2008


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, recibiron na Casa Consistorial aos representantes das seleccións que están a participar no Campionato europeo Sub-20 de Balonmán 2008 que dende o pasado luns se está a celebrar na cidade.

O Alcalde agradeceu á organización o feito de contar con Lugo como sede dun campionato destas características e que servirá para promocionar a cidade no exterior.

Entregou aos xogadores das seleccións sub-20 de Eslovaquia, Georgia, Italia e España, estados participantes, un agasallo como recordo do seu paso pola cidade.

No acto tamén estiveron presentes o Delegado da Federación Europea de Balonmán, Mr. Donven, e os catro árbitros que regularon os encontros: os franceses Pichon e Thovie e os checos Horacek e Novotny.

Ademais dos encontros meramente deportivos, no campionato houbo actividades relacionadas co balonmán como: un campus de xogadores infantís, alevíns e benxamíns, un clinic técnico con intervención de árbitros, e entrenadores de categorías internacionais e unha exposición de recortes de prensa e fotografías da escola lucense de balonmán correspondentes aos anos 60, 70 e 80.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova