Imprimir

O SERVIZO MUNICIPAL DE DROGODEPENDENCIAS ORGANIZA CURSOS DE BAILE PARA AS MOZAS E MOZOS DA CIDADE


24/3/2008 As clases terán lugar os sábados de 19:30 ás 22:30 horas

O Servizo Municipal de Drogodependenzas, que depende da Concellería de Muller e Benestar Social, organiza unha nova actividade de baile destinada a mozos e mozas de entre 13 e 30 anos. Os participantes en Iníciate á fama contarán coa axuda de profesinais da Escola de Baile Star Dance.

A actividade ten unha duración de 30 horas repartidas en 10 sesións que terán lugar os sábados de 19:30 a 22:30 horas entre o 5 de abril e o 31 de maio na sede da escola Star Dance sita na rúa Ángelo Colocci, 29. Na derradeira sesión as mozas e os mozos participantes poderán demostrar a súa valía artística nunca exhibición de fin de curso que se realizará no Auditorio Municipal Gustavo Freire.

As rapazas e rapaces poderán elixir a modalidade de baile que queren practicar entre:

- Baile moderno.
- Baile de salón.
- Hip-Hop.
- Baile Clásico.
- Funky.
- Aerobic-latino.
- Ritmos latinos.

Con esta oferta o Concello Lugo quere propoñer aos mozos e mozas da cidade actividades de ocio alternativo e saudables coas que disfrutar as tardes dos sábados.

Prazo de inscrición
Haberá un máximo de 60 prazas (en grupos de 2 a 6 participantes) e se cubrirán seguindo a orde de solicitudes.

A inscrición poderase levar a cabo do día 24 de marzo ao 2 de abril. A folla para apuntarse a esta actividade poderase descargar desde a páxina web www.prevenciondrogas.lugo.es ou recollela no Servizo de Prevención de Drogodependencias situado no Centro Sociocultural Uxío Novoneyra, Rúa Quiroga Ballesteros Nº1, 3ºandar, en horario de 16:30 a 20:00h. A folla deinscrición entregarase no Rexistro Xeral de Entrada do Concello adxuntando a seguinte documentación:

- Nome artístico do grupo.
- Fotocopia do DNI dos integrantes do grupo.
-Certificado de empadroamento dos participantes do grupo.
- A elección dunha modalidade seleccionada polo grupo.

Para obter máis información pódese chamar ao teléfono de atención ao cidadán do Concello de Lugo ou ao 982 297 498 de 16:30 a 20:00 horas.