Imprimir

O ALCALDE DE LUGO PRESENTA A MEMORIA DO ANO DE ESPAÑA EN CHINA AOS REPRESENTANTES ECONÓMICOS E SOCIAIS LUCENSES


24/3/2008 A publicación dedica un apartado á celebración do Día de China en Lugo

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado polo Embaixador Especial do Ano de España en China, Pablo Bravo Lozano, e o Subdelegado do Goberno, Jesús Otero, presentou a diferentes representantes sociais, políticos e económicos da cidade de Lugo a Memoria que recopila os actos que tiveron lugar ao longo do ano 2007 con motivo da celebración do ano de España en China.

Esta presentación, a primeira en toda España, faise en Lugo, coa aprobación do Ministro de Asuntos Exteriores, Miguel Ángel Moratinos, xa que a cidade ocupa un lugar especial nesta recopilación conmemorativa.

O pasado 6 de outubro do ano 2007 Lugo, a Muralla romana, converteuse na ponte de unión entre dous pobos e dúas civilizacións milenarias, a China e a galega a través dun símbolo Patrimonio da Humanidade: as súas murallas.

Coas súas diferencias evidentes, ámbolos dous monumentos, considerados como símbolos propios, uníronse simbólicamente nun irmanamento no que estivo presente o Embaixador de China en España, Qui Xiaoqui, e que fixo que o nome de Lugo chegase ata o país nipón.

A Muralla romana converteuse deste xeito nun referente galego para China, e nun nexo de unión entre dous puntos do planeta tan lonxanos. O que no seu momento foron muros defensivos, nesta ocasión transformáronse en instrumentos de diálogo e coñecemento.

Esta Memoria, con preto de 250 páxinas recopila en castelán e chino os momentos máis emblemáticos do que supuxo este ano 2007 para dar a coñecer España en China e potenciar a percepción dese pobo hacia a cultura española. Comeza simbólicamente coa foto dunha cativa lucense de orixe china que no irmanamento entre as dúas murallas vestía o traxe rexional galego.

China está a piques de converterse na teceira economía mundial e leva quince anos mantendo unhas asombrosas taxas de crecemento. É o segundo socio comercial da Unión Europea e unha das primeiras potencias exportadoras, o que a converte nun obxectivo a longo prazo para os inversores e exportadores españois que poden participar nos beneficios que reporte unha relación mutua e equilibrada.

No acto de presentación estiveron algúns representantes da Asociación lucense Cheng Bao, entre eles a súa Presidenta Pilar Quiñones, eles foron os grandes protagonistas do acto de irmanamento.

Tamén estiveron:

- A Vicepresidenta primeira da Deputación Provincial, Lara Méndez.

- O Vicerreitor do Campus de Lugo, Carlos Herrero.

- O Tenente Coronel Xefe da Garda Civil, José Herrera.

- Secretario da CEL, Jaime Luis López

- A Presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo, Rosa Rois.

- O Presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas

- O Director Territorial de Caixa Galicia, Walter Álvarez.

- O Director Comarcal de Caixanova, Jesús Fernández

- O Director Provincial do Sergas, José Luis Rodríguez.

- O Delegado Provincial de Política Territorial, Daniel Núñez Segade.

- O Delegado Provincial de Educación, Luis M. Álvarez

- O Delegado Provincial de Sanidade, Miguel Ángel Rodríguez Lois.

- A Parlamentaria Autonómica, Margarita Pérez Herraez.