Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Consello Económico e Social da cidade aproba a celebración dunha viaxe a China para promocionar Lugo


# Martes, 25/03/2008
Participará unha delegación dun máximo de 18 representantes de institucións, entidades e empresas

Visitará Pekín e Shangai entre os días 18 e 25 de xuño

O Consello Económico e Social de Lugo aprobou este martes, 25 de marzo, a celebración dunha viaxe a China co fin de asinar o irmanamento da Muralla Romana de Lugo coa Gran Muralla China. Para preparar e coordinar esta viaxe acordouse a creación dunha comisión que xa comezou a traballar esta mesma mañá.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, explicou que, ademais de celebrar o acto do irmanamento, aproveitarase este periplo para promocionar a cidade e a provincia de Lugo no país chinés. O mandatario municipal salientou que na viaxe participará unha delegación integrada por un máximo de 18 representantes de institucións, entidades e empresas de Lugo.

Esta iniciativa contará coa colaboración da Universidade de Santiago e da Deputación de Lugo que suman os seus esforzos para organizar esta viaxe que “ten unha finalidade turística, cultural e económica e servirá para facer máis sólidos os lazos que unen as dúas culturas e para promocionar a nosa cidade e os produtos das nosas empresas”.

A viaxe celebrarase entre o 15 e o 28 de xuño e as previsións indican quese visitarán as cidades de Pekín e de Shangai. López Orozco explicou que Lugo promocionarase cunha mostra de folclore tradicional e cunha exposición de fotografías dos monumentos lucenses. Ademais, transmitiu unha proposta ao Presidente da Deputación Provincial de sumar ao paquete cultural a mostra de instrumentos medievais recentemente recuperados pola institución provincial.

A viaxe está aberta a todas as empresas lucenses que estean interesadas en aproveitar o paraugas institucional que ofrece o Concello de Lugo e “que serve para abrir moitas portas e dar repercusión á presentación das empresas noutros países”.

Ingapán e Azkar son dous exemplos de empresas lucenses que manifestaron o seu interese nesta iniciativa, que “está aberta a todos os sectores económicos de Lugo como o agroalimenatario, o da lousa, o da madeira, e otros sectores económicos e comerciais da provincia que terán a oportunidade de amosar os seus produtos e establecer redes comerciais en China” tal e como recalcou o Alcalde de Lugo.

A reunión do Consello Económico e Social mantívose este martes, 25 de marzo, no Salón de Plenos da Casa Consistorial e contou coa presenza de representantes de todos seus membros: Cámara de Comercio, Confederación de Empresarios de Lugo, Universidade de Compostela, sindicatos, Caixa Galicia, Caixanova e os partidos con representación municipal.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova