Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O investimento para o servizo de Axuda no Fogar aumentará ata os 900.000 euros


# Mércores, 26/03/2008
A Concelleira de Muller e Servizos sociais anunciou unha reorganización do Servizo Municipal de Atención Primaria

A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, presentou hoxe un informe do Servizo Municipal de Atención primaria dos Centros Sociais do Concello de Lugo.

Basadre explicou que, coa apertura do novo Centro Social de Entrecarrís en moi pouco tempo, e vendo a cantidade de poboación distribuída en cada Centro “vemos a necesidade dunha reorganización e da incorporación de tres novas traballadoras sociais que comezarán a traballar no mes de abril”.

Segundo explicou, o “aumento de centros cívicos na cidade e tamén de persoal traballando, esixe esta reorganización. Cada traballador social debe ter aproximadamente o mesmo número de persoas para atender”.

Neste momento os Centros Sociais teñen un volume de usuarios e teñen adscritas parroquias da zona rural. Co novo sistema ao que se referiu a responsable de Servizos Sociais reforzaranse os centros con maior volume de usuarios, como son Lamas de Prado, o Uxío Nonvoneyra e o Sagrado Corazón -este último ten unha poboación máis específica e maior poboación da zona rural-.

A poboación potencial usuaria dos servizos sociais é a seguinte:
Lamas de Prado aglutina o 19.5%, o Uxío Novoneyra o 24.63% e Fingoi o 23.12%

Deles o Uxío Novoneyra é o que ten un maior número de persoas que supera os 65 anos, cun 23.7% da poboación total, seguido do Sagrado Corazón co 23,45% -a porcentaxe é maís elevada se temos en conta que ten menos poboación asignada-.

Carmen Basadre tamén explicou que se está a estudar unha redistribución das parroquias da zona rural atendendo aos centros que teñen menos poboación


Servizo Municipal de Axuda no Fogar
A Concelleira anunciou que o investimento neste servizo chegará este ano aos 900.000 euros debido ao aumento da demanda. Lembremos que a Axuda no fogar pasou dos 190.000 euros a 500.000 euros no ano 2007.

En canto ao total de persoas atendidas foi de 414. Delas, 282 foron mulleres (68.11%) e 132 homes (31.88%). Basadre dixo que “tamén existe a feminización do envellecemento”. Do total de persoas atendidas, 83.09% tiñan 70 anos ou máis, e 150 comezaron a percibir o servizo por primeira vez no ano 2007.

Xa se prestaron 44.377,5 horas de servizo e as previsión da Concelleira son que pasen a ser 54.000 horas “89 persoas reciben 5 horas semanais e 102 recibe diariamente unha hora ou máis, estas terían que pasar a recibir 3 horas diarias como mínimo obrigatoriamente en canto se aplique a Lei de Dependencia”.

A gran demanda deste servizo débese sobre todo a que as persoas maiores teñen máis problemas de movilidade polo que precisan unha maior atención personalizada.

Axuda e comida a domicilio
En canto á axuda a domicilio a responsable municipal explicou que destacan os Centros do Sagrado Corazón e Lamas de Prado que é onde máis se demanda este servizo. Tamén destaca a demanda de comida a domicilio, durante o 2007 houbo 25 usuarios e no 2008 prevese chegar aos 40.

Emerxencia Social Municipal
Carmen Basadre explicou que se trata dunha cantidade económica para cuestións de urxente necesidade por falta de recursos, por exemplo para comer, o pago de recibos da luz, auga, medicinas...

No Concello ascendeu a 57.859,44 euros, e Lamas de Prado foi o centro con maior número de actuacións totais con 176, o 32.76% de emerxencia social.

RISGA e Emerxencia Social Autonómica
Dende o servizo de Atención primaria do Concello, tamén se tramitan a Risga e a Emerxencia social da Xunta de Galicia.
Da Renda de Integración Social de Galicia (Risga) houbo un total de 94 solicitudes, que equivalen ás 94 persoas que se incorporaron ao Plan de Inclusión do Concello de Lugo.

Destacan sobre todo o Centro do Sagrado Corazón onde houbo 20 solicitudes, e Lamas de Prado con 17. Dende o ano 2004 houbo 458 expedientes tramitados no Concello.

En canto á emerxencia social, no 2007 houbo 189 actuacións e a Milagrosa foi o Centro que máis tramitou, seguida do Uxío Novoneyra e o Sagrado Corazón.

A trámitación da dependencia tamén está integrada neste servizo, en Fingoi informouse a 135 persoas e tramitáronse 22 solicitudes, na Milagrosa: 97 infromáronse e 54 tramitáronse, no Sagrado Corazón 84 informáronse e 33 tramitáronse, en Lamas de Prado 94 informáronse e 50 tramitáronse e no Uxío Novoneyra informáronse 200 persoas e tramitáronse 24 -neste centro está en marcha un Punto de atención á Dependencia-.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova