Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello recibe aos participantes nas XIII Xornadas Internacionais de Enfermería


# Xoves, 27/03/2008
Participan arredor de 200 profesionais e estudantes

As Concelleiras de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, e Servizos Sociais, Carmen Basadre, recibiron na Casa do Concello aos participantes nas XIII Xornadas Internacionais de Enfermaría, organizadas en colaboración co Colexio Oficial de Enfermería de Lugo, e que nesta ocasión levan como título xenérico Drogas e accidentes de tráfico. Dous son mil.

As xornadas teñen lugar no Auditorio de Veterinaria do Campus de Lugo ata o venres 28 de marzo, e está prevista a asistencia de preto de 250 profesionais e estudantes da medicina.

Zarzuela explicoulles o traballo realizado dende o Concello na prevención de drogodependencias e na formación vial da cidadanía “O Concello aposta forte nese senso, de feito o nosso servizo municipal contra as drogas é un exemplo a seguir dentro e fóra de Galicia”.

Ás 18:00 comezaron cun acto de inauguración no que participou o Alcalde de Lugo, José López Orozco e outras autoridades das distintas Administracións entre os que figuraba o Delegado de Sanidade, Miguel Ángel Rodríguez Lois e o vicerreitor de Coordenación, Carlos Herrero.

Posteriormente a enfermeira norteamericana Lynda Juall Carpenito-Moyet ofreceu un relatorio sobre o impacto do diagnóstico dos pacientes na profesión e o Secretario Xeral da Consellaría de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, Luis Vázquez Rodríguez, explicou o Plan de Seguridade Vial de Galicia.

As mesas redondas e coloquios que terán lugar o xoves estarán centradas na atención a pacientes con traumatismos derivados de accidentes de tráfico. A tarde estará centrada nas experiencias de enfermería e nos aspectos relevantes dos coidados destes profesionais.

O venres as intervencións e os debates estarán centrados na educación sobre drogas, tabaco e alcohol e participarán os responsables do Servizo de prevención de drogas do Concello de Lugo.

Estas xornadas reúnen en Lugo este ano a un total de 20 relatores procedentes de distintos ámbitos universitarios, así como a especialistas nestas materias na Administración xeral.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova