Cargando....
Concello de Lugo
15/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Fundación CETAL anunciará en maio o nome do Director Xeral do Centro


# Xoves, 27/03/2008
O Alcalde de Lugo presidiu a xuntanza en nome da súa Presidenta Elena Espinosa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e outros integrantes do Padroado da Fundación Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL), mantiveron unha nova xuntanza para analizar o curriculum vitae de cada un dos sete candidatos que optan ao posto de Director Xeral do Centro.

Logo de dúas xuntanzas nas que se entrevistou aos preseleccionados, hoxe foi o Padroado o que puxo sobre a mesa as preferencias tendo en conta as características dos candidatos a dirixir o CETAL.

O Alcalde de Lugo destacou que “a decisión queda posposta ata dentro dun mes e medio que será cando se tome a decisión definitiva”.

Aclarou que se trata de candidatos cun curriculum vitae “extraordinario e moi ben defendido ao longo das entrevistas que tiveron lugar en datas anteriores”. A fundación do CETAL mantivo xuntanzas os pasados días 12 de febreiro e 4 de marzo para coñecer aos candidatos á dirección do Centro.
López Orozco recordou que naquelas datas pasaron por alí os sete candidatos chegados dende toda España. De entre eles haberá que seleccionar a unha persoa: “Queremos acertar, tomar unha decisión que favoreza ao CETAL e por iso as présas non son boas, debemos chegar a un acordo unánime”.

O Alcalde explicou ademais que xa está licitado o proxecto para o edificio do CETAL na zona do Sur K, que é a onde se trasladará o Centro dende a ubicación actual no CEI.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova