Cargando....
Concello de Lugo
05/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo e Caixa Galicia repartirán 75.000 exemplares da Guía do Contribuínte


# Venres, 28/03/2008
A Concelleira de Economía quere garantir a comunicación clara e eficaz cos contribuíntes

A Guía inclúe o Calendario do contribuínte para facilitar a planificación dos pagos obrigatorios

A Concelleira de Economía, Sonia Méndez, e o Director Territorial de Caixa Galicia en Lugo, Walter Álvarez, presentaron a edición en papel da primeira Guía do Contribuínte que patrocina Caixa Galicia e que a partir de abril se repartirá entre a cidadanía.

Trátase dun manual con información de moita utilidade para os contribuíntes, así como dun calendario estable para o pago dos tríbutos. O Concello cumpre así cunha demanda dos veciños que pedían datas concretas e fixas para efectuar o pago dos impostos.

A Concelleira destacou a importancia desta ferramenta, xa que permitirá que a cidadanía coñeza o período no que está obrigada ao pagamento dos tributos. Estes períodos foron fixados xa na Ordenanza Fiscal Xeral, e agora recóllense de forma clara neste calendario ao que toda a poboación terá acceso tamén dende a páxina web municipal. Deste xeito, o contribuínte saberá sempre de antemán cando terá que pagar e poderá planificar a súa economía doméstica.

Esta guía inclúe tamén unha descrición dos Tributos Municipais para garantir que os contribuíntes teñan claras as súas obrigas tributarias, coñezan o feito impoñible e saiban en que circunstancias están obrigados a pagar. Inclúe tamén información sobre os Beneficios Fiscais, para que a cidadanía coñeza os seus dereitos, unha relación dos medios de pagamento existentes, e o modelo de domiciliación de recibos que o contribuínte pode cubrir e depositar nas dependencias da Tesourería Municipal.

En total poranse na rúa 75.000 exemplares desta guía dos que 20.000 serán repartidos directamente polo Concello a partir do mes de abril. Tamén estará dispoñible na web municipal: www.lugo.es e no 010.

Esta novidade está incluída no proceso de modernización que está a levar a cabo no servizo de Facenda local a responsable da área, Sonia Méndez. O Obxectivo é convertila nunha verdadeira oficina do Contribuínte, ao servizo da cidadanía.

Sonia Méndez explicou que o que se pretende é a defensa dos dereitos dos contribuíntes, que estén completamente informados de todo o relacionado co pago de tributos. Preténdese tamén o equilibrio nas relacións fisco-contribuínte, facilitar o cumprimento das obrigas tributarias, a mellora da equidade e eficiencia, o incremento da calidade na prestación dos servizos tributarios municipais e, por suposto e ante todo, o aumento da transparencia.

Esta guía publícase por primeira vez, logo de aprobarse o calendario do contribuínte por unanimidade dos tres grupos, na ordenanza fiscal xeral do Concello e faise co patrocinio de Caixa Galicia. O Concello dsitribuirá os seus exemplares nas dependencias municipais, centros sociais, asociacións de Lugo...


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova